Escoitar

O Concello incorpora a La Caixa como colaborador co deporte na cidade a través do Vide

Abel Caballero avanzou hoxe mércores que La Caixa vai asinar un convenio co Concello de Vigo para patrocinar o deporte local. Así o explicou logo de manter un encontro con responsables da entidade bancaria.

mércores, 2 out 2013
1380719618lacaixa.JPG
O Concello e La Caixa asinarán un convenio de colaboración para cooperar no finanzamento do deporte local a través da Fundación Vigo en Deporte (Vide). Tal e como dixo Caballero logo de recibir a responsables da entidade financeira, estes trasladaron ao alcalde o seu interese en participar en novas liñas de desenvolvemento de obra social na cidade. Nestes momentos, La Caixa conta con 34 oficiñas e 122 traballadores na cidade, ademais dunha "importante acción económica e obra social".
Descargar todas as imaxes