Caballero traslada aos organizadores de Conxemar "o máis firme tributo da cidade"<br />
Abel Caballero percorreu hoxe, acompañado por outras autoridades, as instalacións do Ifevi, nas que comezou a décimo quinta edición da Feira Internacional de productos do mar conxelados. Durante a inaguración, eloxiou o traballo e o esforzo dos promotores dun evento que "quere funcionar desde a competencia de mercado e rexeita competencias desleais".
O rexedor enfatizou durante a inaguración da feira de Conxemar o esforzo pola xeración de riqueza de todos dos 36 países e os case 500 expositores. Un sector, dixo que xera a inmensa masa de exportacións, por riba de calquera outro sector da alimentación e ao que a cidade "lle quere rendir o seu máis firme tributo". Asegurou que "detrás de nós", xentes que durante décadas foron capaces de desenvolver a súas empresas, "capitáns" de Conxemar, encabezados por José Luis Freire, presidente, que polo desexo de avanzar conxuntamente adican todos os seus esforzos en organizar esta feira.
Durante o discuros, Caballero aludiu ao respecto á sostenibilidade porque a capacidade de pervivencia "nos fai máis fortes". Desde a eficacia, desde a productividade, un traballo eficiente desde a extración ata o mercado final. Na súa opinón, esta feira "quere funcionar desde a competencia de mercado e rexeita competencias desleais". Desde Vigo, insistiu, levantamos a voz para que cando se fale de eficacia se aplique a todos os lugares, rexeitando a ruptura do libre mercado con axudas públicas que as quebrantan. Reiterou o interese da cidade e do goberno local de rendir tributo a "esta labor globalizada que desde a competencia funcianará moito mellor".
Logo dos discursos inaugurais, Caballero acompañado doutras autoridades como opresidente da Xunta, fixeron un percorrido polas instalacións do recinto feiral de Vigo.
Descargar todas as imaxes