Caballero esixirá a concesionaria do Auditorio que explote as actividades de usos complementarios <br />
Abel Caballero avanzou hoxe a intención do goberno local de defender "os intereses da cidade se a concesionaria do Auditorio don cumpre as condicións do contrato". O primeiro edil esperará as conclusións do informe que técnicios municipais elaborarán ao longo do día de hoxe, logo de verificar a situación das instalacións.
O rexedor anunciou en rolda de prensa que técnicos municipais elaborarán un informe logo de que se achegaran esta mañá as instalacións do Auditorio para verificar a situación das mesmas. Tal e como explicou, a continuación o secretario do Pleno emitirá unha nova resolucíon e, finalmente, a Xunta de Goberno "tomará decisións". Así explicaba a situación na que se atopan as instalacións do Auditorio, logo do peche do hotel, que se suma o non funcionamento do restarurante e dos locais privados que nunca se alugaron. Pola contra, matizou, o Auditorio funciona con normalidade.
Tal e como lle fora xa comunicado á adxudicataria, requíreselle que explote a obra pública nos termos establecidos no contrato, é dicir, mantendo a explotación das zonas destiñadas a usos complementarios. Destacou que se operará tal e como indican as cláusulas da concesión: A interrupción inxustificada total ou parcial da explotación do Auditorio-Pazo de Congresos ou das zonas destiñadas a usos complementarios. A interrupción da explotación do Auditorio Pazo de Congresos leva consigo unha penalización de ata o 10% dos ingresos previstos no Plan Económico Financeiro para o actual exercicio 2013, con multas cohercitivas de entre 300 e 300.000 euros.