Escoitar

O Concello achega máis de 300.000 euros a asociacións veciñais e culturais

Abel Caballero avanzou a achega de máis de 300.000 euros para 40 colectivos veciñais e culturais. A Xunta de Goberno tamén deu luz verde ás bases de selección de persoal que permitirán contratar a 10 mulleres vítimas de malos tratos durante un ano.

venres, 4 out 2013
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe 315.032 euros para o fomento do asociacionismo e participación cidadá. Desta cantidade, 252.000 entregouse por concurrencia competitiva a 37 colectivos, para subvencionar actividades e o mantemento, mentres que, a través de convenios singularidados, a asociación de Veciños Praza da Miñoca recibiu 4.248 euros; a Asociación de Veciños de Teis, 55.000 euros e a Asociación Gallega de Amigos del Rocío, 3.784 euros.

Por outra banda, na reunión semanal do goberno local tamén se aprobaron as bases de selección do persoal polas Axudas e Subvencións da Consellería de Traballo e Benestar para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito da colaboración con entidades locais 2013. A este respecto, o alcalde trasladou o seu malestar porque o Concello solicitou 570.000 euros nestos programas, e a Xunta concedeu 99.913 euros. Estes cartos vanse empregar na contratación por un ano de dez mulleres vítimas de malos tratos.

Promoción turística
O goberno local autorizou o gasto de 223.850 euros para licitar a contratación da campaña de promoción Vive Vigo co obxectivo de diseñar e executar un plan de promoción en prensa y revistas especializadas, para mellorar a notoriedade e coñecemento de Vigo como destino turístico. Esta acción súmase a outras iniciativas como unha campaña on line, financiada con 77.500 euros; unha campaña de promoción da cidade en distintos puntos xeográficos cun custo de 204.700 euros; ademáis das chamadas campañas estacionais con cruceiros, festa da Reconquista, Semana Santa, Nadal... Tamén se referiu a outras iniciativas incluidas no Plan de Competitividade como a renovación da web de turismo, a nova aplicación para dispositivos móviles, Vigo like, Vive Vigo Hospitallity, Vive Vigo incoming, ademáis de promocións da cidade en Asia ou Europa. Durante a rolda de prensa, Caballero reclamou á Xunta a participar nesta promoción turística, "dao que agora di que son as únicas competencias que ten", apuntou.