O alcalde propón á Xunta que achegue 200.000 euros ao Marisquiño
Caballero censurou que o goberno galego adique 40.000 euros ao "festival máis internacional que hai en toda Galicia", mentres que a Deputación achega case 200.000 euros e o Concello de Vigo, 210.000 euros. O alcalde anuncia para a próxima semana o envío dunha carta ao presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, propoñendo a sinatura dun convenio ao efecto.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves a remisión dun escrito a próxima semana ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, solicitando do goberno autonómico a sinatura dun convenio para achegar 200.000 euros á edición 2018 de O Marisquiño.
Esta cantidade é similar á que adican tanto a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo, explicou Caballero, mentres que a Xunta de Galicia este ano destinou 40.000 euros ao "festival máis internacional que hai en toda Galicia", en verbas de Caballero.
A Deputación de Pontevedra reservou este ano case 200.000 euros ao festival de cultura urbana vigués, mentres que o Concello de Vigo superou os 210.000 euros, aos que hai que engadir o custo do operativo municipal en cuestións como a seguridade ou a limpeza, entre outras.
O alcalde reiterou o éxito da edición deste ano de O Marisquiño tamén no relativo á afluencia de xente. No marco turístico, Caballero puxo en valor que o aeroporto de Vigo creceu este mes de xullo case un 11% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, mentres que o número de pasaxeiros na terminal viguesa subiu un 10,1% no acumulado de 2017, o que "proba que a nosa teoría era certa: se en Vigo hai avións, os cidadáns os collemos".