xoves, 17 ago 2017
O alcalde recibiu este xoves de man do SEPRONA o material da época romana, Idade Media e dos séculos XII ao XVII que se deposita no Pazo de Castrelos por orde xudicial, logo dunha investigación iniciada en Murcia, que continúa aberta.
xoves, 17 ago 2017
Caballero censurou que o goberno galego adique 40.000 euros ao "festival máis internacional que hai en toda Galicia", mentres que a Deputación achega case 200.000 euros e o Concello de Vigo, 210.000 euros. O alcalde anuncia para a próxima semana o envío dunha carta ao presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, propoñendo a sinatura dun convenio ao efecto.
xoves, 17 ago 2017
O alcalde informou este xoves do corte da circulación na Avenida entre as rúas Val Miñor e Olímpicos para instalar as estruturas da cuberta da grada de Río de Balaídos e apuntou que as obras "seguen os prazos previstos".
xoves, 17 ago 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, membros do Club Castrelos 20:30 (José Vidal, Eusebio Alén e Ana Andrés), organizador da proba popular, e varios dos patrocinadores privados, presentaron hoxe xoves a segunda edición da 24 VGO, as xa consolidadas 24 horas de Vigo, unha proba fixada dende as 12:00 horas do sábado 26 de agosto ao mediodía do domingo 27 no circuíto dun quilómetro do parque de Castrelos.