Escoitar

A árbore de Nadal que instalará o Concello na Porta do Sol ascenderá ata os 31 metros

Caballero informou este luns da adxudicación dos servizos de decoración luminosa de Nadal á empresa Iluminaciones Ximénez, a mesma que se encargou o pasado ano da iluminación da Quinta Avenida de Nova Iorque. A árbore da Porta do Sol terá este ano 31 metros de altura.

luns, 7 ago 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou hoxe que a empresa adxudicataria do próximo alumeado de Nadal ten tamén proxectos no Xapón, Dubai, República Dominicana, Alemaña ou Gran Bretaña.

A árbore luminosa da Porta do Sol se elevará este Nadal aos 31 metros, explicou o rexedor vigués, ademais de apuntar que haberá arcos e motivos de Nadal por toda a cidade, incluindo árbores e elementos naturais alumeados.