Comercio, hostelería e mercados distribuirán 100.000 pegatinas de apoio á Universiada

luns, 14 abr 2008

"Teño que agradecer ás asociacións de comerciantes, de mercados e de hosteleiros que dende o primeiro momento manifestaron a súa colaboración na preparación de Vigo como candidata a acoller a Universiada de 2012", salientou o tenente de alcalde, Santi Domínguez, no acto de presentación das iniciativas que se levarán a cabo con estes colectivos durante a visita dos seis membros que integran a comisión avaliadora da Federación Internacional de Deportes Universitarios (FISU), que terá lugar do 17 ao 21 de abril.

Instalada na lonxa do Concello unha oficina para tramitar as subvencións

martes, 8 abr 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este martes unha oficina instalada na lonxa do Concello para asesorar ás persoas interesadas en solicitar as subvencións das diversas áreas sociais xestionadas polo BNG, que para este ano ascenden a 1.900.000 euros.Domínguez sinalou que deste xeito quérese ofrecer unha "atención personalizada a todas as persoas que queiran acceder as axudas durante todo o tempo que dure o proceso".

Santi Domínguez demanda que a Autoridade Portuaria resposte ás alegacións presentadas polo BNG ao Plan de Usos do Porto

luns, 7 abr 2008

Tras a reunión mantida este luns polo tenente de alcalde e o presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Paz, Santi Domínguez demandou "dentro da exquisita cordialidade" que a Autoridade Portuaria resposte ás alegacións presentadas polo BNG ao Plan de Usos do Porto. Ademais, Santi Domínguez manifestou asemade a pertinencia de que o resto de formacións políticas da cidade expresen a súa opinión sobre a planificación portuaria antes de sentarse a negociar sobre a mesma.

Santi Domínguez visita o parque e o mercado da Bouza para coñecer as necesidades da veciñanza

mércores, 12 mar 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, visitou este mércores o parque e o mercado da Bouza, ubicado en Coia, para coñecer de primeira man o seu estado e as necesidades da veciñanza. Santi Domínguez realizou o percorrido acompañado por representantes do Movimento Cidadán Cristo da Victoria, colectivo que solicitou a visita recentemente e que lle expuxeron as súas demandas.

Santi Domínguez afirma a súa vontade de colaborar coa Asociación de ex Detidos e Desaparecidos de Arxentina

venres, 22 feb 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este venres que buscará fórmulas de colaboración coa Asociación de ex Detidos e Desaparecidos de Arxentina, segundo manifestou tras a xuntanza que mantivo con Nilda Emma Eloy, representante desta entidade, na que tamén estivo presente a concelleira de Benestar Social, María Méndez. Na xuntanza, o tenente de alcalde amosou a súa solidaridade coa causa defendida pola Asociación e salientou o traballo que esta desenvolve a favor dos dereitos humanos e o esclarecemento da verdade.