A vindeira semana ábrese a convocatoria para o curso de formación de coidadores de barrio do Casco Vello

xoves, 14 ago 2008

O presidente do Consorcio do Casco Vello e tenente de alcalde do Concello de Vigo, Santi Domínguez, anunciou este xoves que a semana que vén abrirase o prazo para participar no curso de formación dos coidadores de barrio do Casco Vello co obxectivo de que este programa esté en marcha a finais de outubro. Santi Dominguez realizou este anuncio tras a sinatura dun convenio de colaboración co presidente da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, Henrique Macías.

Santi Domínguez entrega os premios do Concurso de Tapas do Casco Vello e destaca a alta participación no certame

xoves, 7 ago 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, fixo entrega hoxe dos premios correspondentes á terceira edición do Concurso de Tapas do Casco Vello, no que o primeiro premio correspondeu á Crepería do Mar. No acto, celebrado nas instalacións deste restaurante, o tenente de alcalde salientou a alta participación no certame, xa que foron contabilizados máis de 3.500 votos durante os días que durou o concurso.

Santi Domínguez salienta a positiva repercusión que terá a celebración da Powerboat P1 no sector hosteleiro vigués

luns, 4 ago 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou este luns a importancia que terá para o sector hosteleiro de Vigo e a súa área a celebración no porto vigués o Gran Premio Turismo de Vigo da Powerboat P1, que terá lugar entre o 11 e o 14 do vindeiro mes de setembro. Trátase da quinta proba do Campionato do Mundo, na que participarán vinte equipos de todo o mundo con embarcacións monocasco que superan unha velocidade de 260 kilómetros á hora.

O Consocio investirá 55.000 euros na limpeza de pintadas dos inmobles do Casco Vello

mércores, 9 xul 2008

O tenente de alcalde e presidente do Consorcio do Casco Vello, Santi Domínguez, anunciou este mércores o investimento de 55.000 euros para a limpeza das pintadas dos inmobles propiedade de particulares no Casco Vello. Segundo sinalou Santi Domínguez, a cifra de construcións que poderán acollerse a este programa, que se porá en marcha o 1 de agosto, oscila entre os 50 e 60 inmobles.

Anxo Quintana salienta a importancia da internacionalización na inauguración da I Rolda Empresarial Vigo – Latinoamérica<br />

luns, 23 xuñ 2008

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, salientou este luns a importancia da internacionalización como "estratexia para facer frente a situación de crise actual". O vicepresidente da Xunta así o afirmou na inauguración da I Rolda Empresarial Vigo – Latinoamérica, que tivo lugar no Pazo de San Roque, e na que tamén participaron o alcalde da cidade, Abel Caballero, e o tenente de alcalde, Santi Domínguez, así como o reitor da Universidade viguesa, Alberto Gago, o presidente da Autoridade Portuaria, Xesús Paz, o presidente da Federación de Empresarios de Pontevedra, José Manuel Fernández Alvariño, e o coordinador do programa Iberpyme, Gonzalo Capriles, entre outros. <br />

Santi Domínguez realiza un balance positivo do primeiro ano de goberno pero anima a superar os erros

martes, 17 xuñ 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, valorou positivamente este martes o primeiro ano de Goberno municipal, aínda que anima a superar os erros cometidos no transcurso destes doce meses. "Temos que facer unha valoración dende a responsabilidade e a autocrítica", subliñou o tenente de alcalde, quen estivo acompañado polos concelleiros e concelleiras do BNG no Concello de Vigo, María Méndez, Xabier Alonso, Iolanda Veloso, Xesus López e Elena Maure.

Santi Domínguez vista o barrio de Teis para coñecer as necesidades da veciñanza

venres, 6 xuñ 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, visitaron este venres o barrio e o mercado de Teis para coñecer as demandas e necesidades da veciñanza. "Este percorrido inscríbese no marco das visitas que habitualmente realiza o Grupo Municipal do BNG polos barrios e as parroquias viguesas para manter un contacto directo cos veciños e veciñas", subliñou o tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Turismo e Industria.<br />

A nova campaña de dinamización do comercio impulsada pola Tenencia de Alcaldía comeza o 9 de xuño no Calvario

martes, 3 xuñ 2008

"Apoiar o pequeno e mediano comercio vigués, eixo fundamental na creación de emprego", é un dos principais obxectivos dun novo programa de dinamización que dende o vindeiro 9 de xuño se desenvolverá en sete zonas comerciais da cidade, segundo salientou este martes o tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Industria e Turismo, Santi Domínguez. Así, cunha duración dunha semana por zona, o punto de partida da campaña "Festa do Comercio" será O Calvario, para pasar posteriormente a Teis, As Travesas, Bouzas, Centro, Vigo Vello e rematará na rúa do Príncipe a finais de ano.