Santi Domínguez comprobou que se resolveron os problemas da cuberta das Ostras, onde hai novo alumeado

venres, 23 abr 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, realizou este venres unha visita á rúa Pescadería, coñecida como rúa das Ostras, na que puido comprobar que a actuación desenvolvida resolveu os problemas que tiña a cuberta e agora é un espazo acondicionado tanto para o verán como para o inverno. O nacionalista salientou que a remodelación contou cun investimento superior aos 120.000 euros e consistiu na colocación de vidro laminado sobre a estrutura metálica e a instalación de iluminación.

O tenente de alcalde renova o convenio con Protección Civil para garantir a seguridade nos actos que se celebren no Ifevi<br />

martes, 20 abr 2010

O tenente de alcalde e presidente executivo do Ifevi, Santi Domínguez, asinou este martes unha nova edición do convenio con Protección Civil, representada pola súa secretaria e responsable dos servizos de terra, Mercedes Ballesteros, e o xerente do recinto feiral Arsenio Prieto . Segundo Santi Domínguez, mediante esta sinatura Protección Civil comprométese a cubrir todos os risgos que se poidan producir nas montaxes que teñan lugar non Instituto Feiral de Vigo, así como as incidencias persoais que se poidan producir nos distintos eventos.

A reforma do Auditorio Municipal rematará en maio e en xuño acollerá a primeira actuación

xoves, 15 abr 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, avanzou este xoves que a remodelación do Auditorio Municipal estará rematada no mes de maio, de xeito que en xuño acollerá a primeira actuación e a partir do mes de setembro unha programación cultural municipal estable. Na visita que realizou a este auditorio xunto aos concelleiros de Cultura e Patrimonio Histórico,Dominguez destacou que a remodelación acometida, cun orzamento de 1.4 millóns de euros, permitirá a integración deste espazo na Rede Galega de Teatro.

A Festa da Reconquista, que se celebra esta fin de semana, amplíase aos espazos recuperados polas humanizacións

mércores, 24 mar 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este martes a importancia que as humanizacións acometidas no Casco Vello terán na celebración este ano Festa da Reconquista. Na presentación da programación deste ano, xunto ao presidente da Asociación de Veciños do Casco Vello, Henrique Macías, e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, o concelleiro salientou a proxección que a festa, que se celebra esta fin de semana, ten xa fóra da nosa cidade.

Santi Domínguez anuncia que a Vigo Convention Bureau traballa en 7 grandes congresos para o período 2011-2013

mércores, 24 mar 2010

O tenente de alcalde e presidente do comité executivo do Vigo Convention Bureau, Santi Domínguez, anunciou este mércores que a entidade xa está traballando en sete grandes congresos para celebrar na cidade no periodo 2011-2013, "con moitas posibilidades de que saian". Na xuntanza que mantivo coas 31 empresas que xa se incorporaron ao Vigo Convention Bureau, e na que tamén participou o xerente Javier Arnau, o concelleiro presentou o proxecto da fundación a outros posibles novos socios e os obxectivos do plan estratéxico aprobado recentemente.

Santi Domínguez anuncia o investimento de 2,5 millóns na reforma integral do mercado e a praza de O Progreso

mércores, 17 mar 2010

O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santi Domínguez, anunciou este mércores a reforma integral do mercado e a praza de O Progreso, que ten un orzamento de 2,5 millóns de euros e un prazo de execución de un ano a partir da apertura do mercado provisorio na praza superior. Na presentación do proxecto o concelleiro asegurou que ademais de mellorar as instalacións, a remodelación ten o obxectivo de "conseguir que o mercado se convirta nun elemento dinamizador do barrio e do contorno comercial".

Santi Domínguez anuncia que o Concello doará ao Casco Vello a medalla Dagda recibida onte pola rehabilitación do barrio

mércores, 3 mar 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe que o Concello de Vigo doará á veciñanza do Casco Vello a medalla Dagda que recolleu onte pola rehabilitación do barrio histórico que está a facer o Concello de Vigo. O concelleiro afirmou que Vigo é un "referente galego", xa que a distinción concedida é a medalla á mellor acción de conservación e defensa do patrimonio natural e cultural de Galiza.