Santi Domínguez entrega os agasallos aos gañadores do concurso escolar de pintura de Vigolandia
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, entregou este martes os agasallos aos gañadores e gañadoras do concurso escolar de pintura de Vigolandia. O concelleiro expresou a súa satisfacción pola alta participación nesta edición do concurso, xa que presentaron os seus traballos máis de 1.300 escolares de 22 centros escolares de Vigo.
Santi Domínguez destacou a dobre faceta de Vigolandia. Por unha banda salientou que é unha "feira á que se vai a pasar ratos moi bos", pero, asemade, se trata dun evento no que a solidariedade xoga un papel fundamental. Ao respecto explicou que dende hai anos o IFEVI decidíu doar a recadación da entrada, "que pagan os pais e as nais", a unha organización benéfica. Sinalou que este ano foron recadados 23.000 euros, que se destinaron a axudar aos nenos e nenas de Haití.
"Quixemos colaborar para cos nenos e nenas de Haití que sofriron un gran terremoto, para que o pasaran un pouco mellor, apuntou o tenente de alcalde. Ademais, na súa intervención agradeceu aos pais e nais "por acompañar aos nenos e ás nenas", así como a colaboración dos patrocinadores e do persoal do IFEVI, "sempre atentos para que todo saia ben". Finalmente, animou a todos rapaces e rapazas a participar na vindeira edición de Vigolandia.
Descargar todas as imaxes