O alcalde anuncia un acordo con Costas para construir un paseo marítimo cidadá na ETEA
Abel Caballero asegurou este martes que a concesión do dominio está "falado e acordado" e falta unicamente a ratificación oficial. O paseo implicará o derrubo "en semanas" dos muros que separan o antigo recinto militar das praias de A Punta e Ríos, a retirada do vallado e a unión de ambos areais cun paseo marítimo a través da ETEA. O proxecto está "ao borde de ser licitado" por case un millón de euros e permitirá que "todo o ámbito marítimo quedará aberto e de uso cidadá", asegurou o alcalde.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes un acordo co Ministerio de Medio Ambiente do Goberno de España para a construcción dun paseo marítimo cidadá na ETEA, que una as praias de A Punta e de Ríos.
Así o indicou o alcalde en rolda de prensa, quen asegurou que a previa concesión do dominio para o paseo está "falado e acordado", a falta da súa ratificación oficial. O proxecto conta cun orzamento próximo ao millón de euros e contemplará a retirada das vallas e o derrubo "en semanas" dos muros que separan o antigo recinto militar das praias de A Punta e Ríos. Esta actuación posibilitará que "todo o ámbito marítimo quedará aberto e de uso cidadá", aseverou o primeiro edil.
Abel Caballero avanzou que o paseo litoral está "ao borde de ser licitado", e sumarase á licitación xa iniciada das instalacións deportivas da ETEA. En sendas reunións celebradas na Alcaldía esta mañá, o mandatario local informou deste proxecto municipal aos representantes da Asociación de Veciños de Teis e ao Comisionado da Universidade de Vigo para o Campus do Mar, Emilio Fernández.
Campus do Mar
Complementario á iniciativa municipal, o alcalde desvelou o proxecto do goberno de Vigo para os espazos da ETEA, proposta que conta co respaldo da propia Universidade e da Asociación de Veciños de Teis e para a que Caballero agarda contar coa Xunta de Galicia.
Na zona propiedade da Xunta de Galicia, o goberno local avoga porque albergue un novo centro de investigacións mariñas (que xa conta con orzamento do Goberno de España), o laboratorio de biotoxinas, o ámbito de ensinanza mariña internacional de terceiro ciclo asociado ao Campus do Mar, un centro para a terceira idade (seguindo o acordo adoptado polo Concello) e unha escola infantil, que o Concello ofrécese a asumir.
Para consolidar o Campus do Mar, o alcalde reclamou que o porto acolla buques oceanográficos para a investigación e "ninguna zona privada" no recinto, en referencia a posibles portos deportivos. Caballero asegurou que "non vemos a necesidade" de incluir vivenda na zona -pero pronunciarase unha vez coñeza a proposta da Xunta de Galicia- e apuntou que "non vemos mal os usos terciarios" para a ETEA.
Para o resto de espazo, que o alcalde cifra en 15.000 metros cadrados, opta Caballero porque queden reservados para posibles ampliacións do campus universitario de excelencia mariña. Abel Caballero saudou o apoio da Xunta de Galicia ao campus e considerou que hai que concretar os usos da ETEA "o antes posible".
Abel Caballero manterá mañá mércores unha entrevista co conselleiro de Medioambiente da Xunta de Galicia, Agustín Hernández, a quen informará das actuacións previstas polo Concello para o recinto e con quen intercambiará información das propostas municipais e autonómicas para o espazo.