martes, 23 mar 2010
Abel Caballero asegurou este martes que a concesión do dominio está "falado e acordado" e falta unicamente a ratificación oficial. O paseo implicará o derrubo "en semanas" dos muros que separan o antigo recinto militar das praias de A Punta e Ríos, a retirada do vallado e a unión de ambos areais cun paseo marítimo a través da ETEA. O proxecto está "ao borde de ser licitado" por case un millón de euros e permitirá que "todo o ámbito marítimo quedará aberto e de uso cidadá", asegurou o alcalde.
martes, 23 mar 2010
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou este martes dous novos concertos que terán lugar no auditorio de Castrelos. O primeiro deles será a actuación de Patti Smith o 18 de xullo, e o seguinte o 7 de agosto con David Bisbal. "Son dous concertos absolutamente diferentes dirixidos a públicos distintos porque dende a Concellería de Cultura queremos facer unha programación que chegue a todos os públicos", destacou o edil.
Está previsto que participen 2500 escolares vigueses, que visitarán no seu propio colexio a "MOSTRA ITINERANTE 2010" especialmente pensadas para o seu uso didáctivo
martes, 23 mar 2010
"Arte na Aula 2010" inaugurose este martes no Colexio Público "Pintor Laxeiro" coa presenza da concelleira de Educación, Laura López Atrio.Esta iniciativa didáctica municipal, que promove o Servizo Municipal de Educación en colaboración co artista vigués Mingos Teixeira, continúa o seu percorrido co propósito de contribuir a desenvolver a creatividade no alumnado de educación primaria, a través do achegamento a arte no contexto escolar.
martes, 23 mar 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, entregou este martes os agasallos aos gañadores e gañadoras do concurso escolar de pintura de Vigolandia. O concelleiro expresou a súa satisfacción pola alta participación nesta edición do concurso, xa que presentaron os seus traballos máis de 1.300 escolares de 22 centros escolares de Vigo.
martes, 23 mar 2010
O museo Verbum-Casa das Palabra inaugura o mércores, día 24 de marzo, a exposición Álvaro Cunqueiro – Fotobiografía Sonora que se poderá visitar ata o 17 de maio.A mostra, inspirada no libro-CD de Ouvirmos, Fotobiografía Sonora de Álvaro Cunqueiro, presenta ao público o lado máis persoal e íntimo do mindoniense a través dunha selección dos seus obxectos persoais, fotografías do seu álbum familiar e incluso o son da súa propia voz.