Xesus López anuncia que Castrelos acollerá o 18 de xullo o concerto de Patti Smith e 7 de agosto o de David Bisbal
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou este martes dous novos concertos que terán lugar no auditorio de Castrelos. O primeiro deles será a actuación de Patti Smith o 18 de xullo, e o seguinte o 7 de agosto con David Bisbal. "Son dous concertos absolutamente diferentes dirixidos a públicos distintos porque dende a Concellería de Cultura queremos facer unha programación que chegue a todos os públicos", destacou o edil.
"Patti Smith é unha roquera que a moitos de nós nos vai permitir retrotraernos aos anos setenta", recoñeceu o concelleiro de Cultura na presentación dos concertos, na que tamén participaron os representantes das promotoras Nordesía e Suite Nocturna. Xesus López afirmou que a aparición do disco "Horses", en 1975 supuxo a achega "dun punto feminista e intelectual á música do momento", así como unha intensa actividade política contraria ao belicismo norteamericano. Sinalou que chegará a Vigo despois dunha xira mundial e con dez discos editados.
O representante de Nordesía, Quique Costas, explicou que Patti Smith actuará en Castrelos acompañada por dous dos músicos da súa banda orixinal, Lenny Kaye na guitarra e Jay Dee Daugherty, na batería, por Tony Shanahan, que a acompaña no baixo e nos teclados desde 1996, e máis por Jack Petruzzelli á guitarra. Engadíu asemade que a figura de Patti Smith é destacable pola súa "talla intelectual" e pola súa influenza na música posterior, xa que bandas como REM ou U2 teñen recoñecido á cantante americana como unha das súas fontes de inspiración.
Respecto ao concerto de David Bisbal, o concelleiro de Cultura indicou que se converteu nun "fenómeno mediático" tras a súa participación na primeira edición de Operación Triunfo e co inicio da súa traxectoria musical no 2002 coa publicación do seu primeiro disco "Corazón latino". Desde entón, Bisbal leva vendidos xa máis de 4 millóns de discos en España e América, e ten conseguido 31 discos de platino e 15 de ouro. Ademais foi número 1 de vendas en España tanto co seu segundo traballo, "Bulería" (2004) como co terceiro "Premonición" (2007).
Xesus López destacou, por outra banda, que en oito ou nove anos de carreira Bisbal ten organizado xa tres xiras mundiais exitosas e sinalou asemade que chegará a Vigo para presentar o seu cuarto traballo discográfico "Sin mirar atrás". Ao respecto, a representante de Suite Nocturna, Raquel Seijo, destacou que o concerto que David Bisbal ofrecerá en Castrelos o 7 de agosto é a "única data xa pechada en Galiza". Salientou ademais que a actuación será espectacular, con 100.000 watios de son e 250.000 watios de luz. Haberá tamén pantallas, co obxectivo de "fomentar a interacción co público", afirmou.
"Bisbal xa estivo en Vigo cando comezou a súa carreira e agora temos o orgullo de que volva cando é un dos referentes da música latina a nivel internacional", comentou Raquel Seijo. O cuarto disco, "Sin mirar atrás", é un traballo no que funde pop pegadizo, rock vertixinoso, e baladas con ecos latinos e sureños e inclúe temas de moita forza e grandes doses de frescura.
O concelleiro explicou que para os dous concertos se manterán uns precios totalmente populares, con 12 euros en venda anticipada e 15 en taquilla o día do concerto..
Descargar todas as imaxes