A Corporación apoia o manifesto "Galicia Ten Dereito" a prol da fusión das caixas galegas
Coa oposición do PSOE, o Pleno da Corporación Municipal deu o seu visto bó ao manifesto "Galicia ten Dereito", rubricado fai semanas polos empresarios e os sindicatos galegos, e o PP e o BNG de Galicia. O texto defende o dereito de Galicia a decidir sobre o seu futuro financeiro e as competencias do Parlamento galego para elaborar a súa lei de caixas. O Pleno rexeitou unha enmenda do PSOE de defensa da permanencia de Caixanova en Vigo, mantendo a súa solvencia e a súa galeguidade.
O Pleno da Corporación de Vigo celebrado este luns respaldou o manifesto "Galicia ten Dereito" que reclama a capacidade e competencias do Parlamento de Galicia para elaborar a súa lei de caixas e o dereito de Galicia a decidir o seu futuro financeiro.
Os grupos do PP e do BNG deron maioría á moción presentada polos nacionalistas e rexeitada polo grupo socialista, quen presentou unha enmenda de sustitución de defensa da permanencia de Caixanova e os seus órganos de goberno en Vigo, mantendo a súa solvencia e a súa galeguidade, que foi rexeitada.
Populares e nacionalistas defenderon o dereito de Galicia a elaborar a súa lei de caixas con independencia e a decidir o futuro do sistema financeiro galego, tal e como fixeron outras comunidade autónomas como Cataluña, Andalucía ou Euskadi. Tanto o PP como o BNG avogaron pola fusión entre Caixanova e Caixagalicia para manter o poder financeiro en Galicia e as tomas de decisións, mentres que o grupo municipal socialista defendeu o proxecto de Caixanova como garantía de galeguidade do sistema financeiro galego.
O voceiro do PP, Chema Figueroa, instou ao goberno de España a deixar facer o seu traballo aos representantes do pobo galego, retirando o recurso de inconstitucionalidade que presentou ante a normativa galega. O líder do BNG e tenente de alcalde, Santi Domínguez, afirmou que PP e PSOE teñen un pacto no Estado para "repartirse o pastel" e deixar a Galicia sen caixas. O alcalde e máximo representante do PSOE, Abel Caballero, asegurou que Caixanova pode seguir con sede e entidade en Vigo e que unha fusión galega "nacería morta"