xoves, 25 mar 2010
Unha vez rematada a humanización das avenidas, o concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño, presentou este xoves a nova ordenación do tráfico no entorno. Desde o luns 29 de marzo, a Avenida de Castrelos priorizará o acceso á cidade, mentres que Florida canalizará as saídas da urbe. A Avenida de Fragoso terá dous carrís de baixada e un de subida, e a Avenida de Balaídos cambiará de sentido, igual que Caleira, García Lorca e Quintela, entre outras. Unha docena de rúas veranse afectadas neste "cambio a mellor" do tráfico na zona.
A este anuncio súmanse as obras previstas noutros dous centros máis que permitirán que Vigo dispoña o vindeiro curso de 8 escolas infantís municipais e 750 prazas
xoves, 25 mar 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe que a Xunta de Goberno ven de aprobar as inversións para a construcción de dúas novas Escolas Infantís municipais. A primeira delas estará na rúa Tomas Alonso, ofertará 80 prazas e contará con 270 metros cadrados e unha inversión de 246.000 euros.
xoves, 25 mar 2010
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, destacou este xoves que nove persoas participan no Programa Vía de transición á vida autónoma, que se desenvolve en dous pisos. A edil sinalou que se trata dun recurso novidoso, que se puxo en marcha en xuño do ano pasado, co obxectivo de ampliar os programas municipais destinados a integración das persoas en risco de exclusión social.
xoves, 25 mar 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, e o edil de Cultura, Xesus López, destacaron este xoves que hoxé é "un día moi importante para Vigo" pola posta en marcha do Centro de Documentación de Recursos Feministas no segundo andar da Biblioteca Central. Santi Domínguez salientou asemade que a apertura deste centro amosa "a nosa aposta pola igualdade entre homes e mulleres e a defensa dos dereitos das mulleres".
xoves, 25 mar 2010
Espacio Atlántico e o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, asinaron hoxe xoves 25 de marzo un convenio polo que a feira de arte de Vigo cede en depósito ao centro as obras que integran a Colección Espacio Atlántico, iniciada este ano 2010 coa adquisición de traballos de sete artistas: o brasileiro José Bechara, o portugués Francisco Tropa, os españois Ana Soler e Karmelo Bermejo, e os galegos Misha Bies Golas e Antía Moure. A directora da feira, Marta Scarpellini, e o presidente do Padroado do MARCO e alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixeron efectiva a sinatura do convenio na sede do museo vigués, que xa acolle esta colección que se integrará en futuras exposicións.
xoves, 25 mar 2010
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 26 DE MARZO DE 2010: