Nove persoas en risco de exclusión son atendidas en dous pisos do Programa Vía para a súa transición á vida autónoma
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, destacou este xoves que nove persoas participan no Programa Vía de transición á vida autónoma, que se desenvolve en dous pisos. A edil sinalou que se trata dun recurso novidoso, que se puxo en marcha en xuño do ano pasado, co obxectivo de ampliar os programas municipais destinados a integración das persoas en risco de exclusión social.
"Trátase de normalizar as condicións de vida das persoas en risco de exclusión social que teñen desestruturada a súa vida, co obxectivo de integrala paulatinamente na sociedade", explicou a concelleira de Benestar Social. Para acadar este obxectivo, ás persoas participantes ofréceselles itinerarios que posibiliten a súa inserción laboral, así como un seguimento continuado na adquisición de habilidades sociais.
María Méndez sinalou que os dous pisos teñen cabida para 13 persoas, un con 8 prazas para homes e outro con 5 prazas para mulleres. Indicou asemade que dende a posta en funcionamento deste recurso, hai menos dun ano, se recibiron 22 solicitudes, 19 de homes e 3 de mulleres; das solicitudes foron seleccionadas para participar 9 persoas, 7 homes e 2 mulleres e 5 están en proceso de avaliación. "Probablemente no prazo dun mes estean cubertas todas as prazas", comentou.
Respecto á idade das persoas participantes no programa, a concelleira de Benestar Social indicou que oscila entre os 23 e os 52 anos. Sinalou tamén que no 100% dos casos se trata de persoas sen fogar e desempregados de longa duración, o cal ao seu xuízo propiciou o seu forte deterioro. Neste sentido engadiu tamén que 5 dos usuarios e usuarias son perceptoras da Renda de Integración Social de Galiza (Risga), 1 percibe o subsidio por desemprego e o resto carecen de ingresos.
No tocante á duración da estadía nos pisos, a edil nacionalista informou que a o programa prevé un periódo máximo dun ano, pero que "probablemente haxa que ampliar para facilitar a adquisición dos hábitos necesarios para estar na sociedade", salientou. Neste sentido indicou que a estadía máis longa ata agora é de sete meses, mentres que houbo outras tres persoas que decidiron irse antes de rematar o prazo.
"Non é doada a integración destas persoas, porque están acostumadas a vivir soas e na rúa, polo que ao achegarse ao programa necesitan un tempo para reflexionar e sentirse motivadas", explicou a responsable de Benestar Social. Asemade, indicou que o equipo que desenvolve o programa, xestionado pola asociación Emaús a través dun convenio coa Concellería, está integrado por unha traballadora social, dúas educadoras sociais, dúas orientadoras laborais e unha coordinadora.
Respecto ao dispositivo de emerxencia contra o frío aberto o 23 de decembro no pavillón do Berbés, María Méndez salientou que ata o 15 de marzo tivo 2.308 estadías, das que 2.111 foron realizadas por homes e 197 por mulleres. Sinalou que en total foron 167 as persoas distintas que utilizaron este recurso dende a súa apertura, dos que 150 son homes e 17 mulleres. Finalmente, indicou que posto que a media diaria de pernoctacións está descendendo notablemente, se estudiará o seu peche nos vindeiros días.
Descargar todas as imaxes