Escoitar

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 26 DE MARZO DE 2010:

xoves, 25 mar 2010
1.- Actas das sesións extraordinarias e urxentes do 11 de marzo e da sesión ordinaria do 15 de marzo de 2010.

BENESTAR SOCIAL

2.- Programa diurno de carácter lúdico de Balnearios, Deputación-Concello de Vigo, 2010. Expte. 50877/301.


CULTURA

3.- Dar conta da resolución de Alcaldía do 18.03.10, para a contratación polo procedemento de emerxencia das obras de reparación dos danos producidos no Museo Verbum-Casa das Palabras a causa do temporal dos días 27 e 28 de febreiro. Expte. 1280/340.

4.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo departamento de Cultura durante o mes de febreiro. Expte. 12109/331.

DEPORTES

5.- Proposta de autorización á Agrupación Deportiva Castro San Miguel para organizar o XVI Cross Escolar A.D. Castro-San Miguel o día 25.04.10. Expte. 9297/333.

EDUCACIÓN

6.- Procedemento para a xestión directa polos Consellos Escolares do presuposto municipal de mantemento ordinario dos centros de educación infantil e primaria de Vigo para o ano 2010. Expte. 11491/332.

IGUALDADE

7.- Cesión temporal da vivenda municipal identificada no Rexistro de entidades prestadoras de Servizos Sociais co nº F-00473-C-006. Expte. 4402/224.

LIMPEZA

8.- Indemnización substitutiva a favor da empresa TOYSAL pola xestión dos residuos voluminosos dos meses de xaneiro de febreiro de 2010. Expte. 2660/252.

MERCADO PROGRESO

9.- Indemnización substitutiva a favor de MONGRAF polos servizos prestados para o Mercado do Progreso. Expte. 5088/551.

RECURSOS HUMANOS

10.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal do servizo de Cemiterios por exceso de xornada anual correspondente ao mes de febreiro de 2010. Expte. 19730/220.

11.- Complemento de produtividade do persoal do servizo de Cemiterios correspondente ao mes de febreiro de 2010. Expte. 19731/220.

12.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do Parque Móbil correspondente ao mes de febreiro de 2010. Expte. 19732/220.

13.- Domingos, festivos e nocturnidade correspondente ao mes de febreiro de 2010. Expte. 19743/220.

14.- Complemento de produtividade por conducir vehículo municipal sen ser oficial, do persoal do servizo de Vías e Obras correspondente ao 4º trimestre de 2010. Expte. 19734/220.

15.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal de Desinfección correspondente ao mes de febreiro de 2010. Expte. 19733/220.

16.- Concesión axudas por estudios con cargo ao fondo de acción social correspondentes ao curso 2009-2010. Expte. 19729/220.

17.- Abono complemento produtividade a D. Carlos Román Casas polo período comprendido entre o 24 de novembro e 31 de decembro de 2009. Expte. 19728/220.

18.- Solicitude permanencia no servizo activo do funcionario D. Benjamín Suárez Sánchez. Expte. 19760/220.

19.- Dar conta resolución de encomenda de funcións en materia de protección de violencia de xénero de policías locais. Expte. 34090/212.

20.- Dar conta de resolución de permiso retribuído á funcionaria dona Carmen Chapela Meno. Expte. 19766/220.

21.- Solicitude de excedencia por coidado de fillo da funcionaria dona Beatriz Carrasco González. Expte. 19773/220.

SERVIZOS XERAIS

22.- Proposta de aprobación da memoria para executar as obras de "mellora da rede de abastecemento no camiño Raposeira-Sárdoma" e adxudicación a Aqualia. Expte. 232/440.

TESOURERÍA

23.- Pregos de condicións técnicas e de cláusulas administrativas particulares para a contratación dos servizos bancarios do Concello de Vigo. Expte. 7119/540.

24.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 26 de marzo de 2010, ás 14,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (15,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 25 de marzo de 2010.


O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,

Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.