Escoitar

A Universidade de Vigo galardonada coa Medalla da Cidade

A Corporación Municipal aprobou hoxe, nun pleno extraordinario, a concesión da Medalla da Cidade 2010 á Universidade de Vigo, e que se entregará no acto institucional que terá lugar o venres, día 26, ás 20 horas, na sala de exposicións da Zona Franca. No transcurso do acto tamén entregaranse os galardóns dos Vigueses Distinguidos 2010 que serán Aurelio Pérez, a Cooperativa de Armadores, Diálogos 90, Escolas Ramón Nieto, Fogar e Clínica San Rafael, Sociedade Helios de Bembrive e Teo Cardalda.<br /> <br />

xoves, 25 mar 2010
A UNIVERSIDADE DE VIGO (UVIGO)


A Universidade de Vigo:(UVIGO) é una institución de ensinanza superior con sede no municipio pontevedrés de Vigo, na actualidade rexida por Alberto Gago.

Desenvolve a súa actividade con independencia administrativa, e forma parte da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG), órgano perteñecente á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Fundouse no ano 1990 a partir da segregación dos medios da Universidade de Santiago de Compostela (USC), ata aquel momento a única universidade gallega, en tres: a propia USC, e as novas Universidade da Coruña e Universidade de Vigo. O seu antecedente é o Colexio Universitario de Vigo, creado nos anos 70 co patrocinio da Caixa de Ahorros Municipal de Vigo (hoxe Caixanova), e o Colexio Universitario de Ourense, inaugurado en 1973.

Xa no 2006 contaba con 21.263 alumnos matriculados, rexistrando un continuo descenso dende o máximo de 29.000 alumnos do curso 1999/2000. Por campus, Vigo ten 12.820 alumnos, Orense 4.991 e Pontevedra 3.452.

A Universidade de Vigo caracterízase pola dispersión xeográfica dos seus centros. Conta con tres campus, localizados nas tres cidades do sur de Galicia: o Campus de Vigo, en parte situado en As Lagoas-Marcosende e en parte no centro urbano (Torrecedeira); o Campus de Ourense e o de Pontevedra (A Xunqueira).

O Campus de Lagoas-Marcosende atópcase a uns 10 km do núcleo urbano, ocupando o límite dos términos municipais de Vigo (parroquia de Zamáns) e Mos. O seu planteamiento urbanístico e o seu aspecto definitivo son obra do arquitecto Enric Miralles. Abrangue tódalas dependencias administrativas da universidad despois de trasladalas dende o antigo edificio do rectorado da rúa Oporto.
Os Campus urbanos de Ourense e Pontevedra tamén desenvolvense cunha premisa de calidade urbanística e arquitectónica. Actualmente están en construcción a Ciudade Tecnolóxica, no campus de Vigo, e a Estación de Ciencias Marinas na islla de Toralla, na ría.

A Universidad de Vigo, cun notable compoñente tecnológico, constolídouse en poco máis dunha década como un referente de modernidade e innovación en Galicia pola formación que imparte e polo alto volumen de transferencia de ciencia e tecnoloxía ás industrias e empresas da comunidade. Tamén pola súa captación de recursos a través de proxectos de investigación en concursos de ámbito europeo ou español. É unha universidade pública comprometida co desenvolvemento do seu entorno, coa aplicación da calidad a todas as súas titulacións –algunhas, exclusivas en Galicia- e cos obxetivos da converxencia europea.

Xunto á calidade arquitectónica e urbanística dos seus campus, o que lle dota dunha gran funcionalidade, a Universidad de Vigo é moi sensible ás expectativas do ámbito empresarial e á transferencia ó mesmo dos resultados dos seus grupos de investigación, cunha producción centífica crecente e con alta capacidade para captar recursos externos, ben por servicios ás empresas ou a través de concursos públicos. Paralelamente, empresas de renombre finanzan "cátedras" de investigación, centradas en desenvolver traballos sobre os sectores a os que perteñecen as empresas patrocinadoras.

Máis información