Escoitar

O alcalde subliña a "coincidencia moi ampla" nas posturas do Concello e a Xunta para os usos da ETEA

Abel Caballero asegurou este martes, tras unha reunión cos conselleiros de Mar e Medioambiente, que "estamos en camino dun acordo" coa Xunta para a ETEA. O alcalde engadíu que a coincidencia entre as administracións radica na cesión de espazos para o Campus do Mar, na negativa a un porto deportivo, en abrir o espazo marítimo e deportivo á cidadanía e na construcción dun centro de maiores. A Xunta, que remitirá a súa proposta ao Concello, podería incluir vivenda na zona, o que o alcalde non ve necesario.

mércores, 24 mar 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, saudou este mércores a "coincidencia moi ampla" existente entre o Concello olívico e a Xunta de Galicia na definición dos usos para a ETEA.

Así o apuntou o rexedor olívico despois dunha reunión co conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e coa conselleira de Mar, Rosa Quintana, celebrada en Santiago de Compostela, para por en común as propostas de ambas administracións para o antigo recinto militar.

Caballero asegurou que a Xunta coincide co Concello na apertura dos espazos marítimos e deportivos á cidadanía -ambos proxectos de competencia municipal-, na ubicación de centros para o Campus do Mar da Universidade e as actividades científicas asociadas ao mesmo, na negativa a establecer un porto deportivo na zona, na construcción dun centro para a terceira idade e, "con toda probabilidade", no establecemento dunha escola infantil, que o Concello ofrécese a xestionar.

"Creo que estamos en camino dun acordo", aseverou Caballero, que materializaríase unha vez a Xunta de Galicia remita para estudo ao Concello unha proposta de actuación na zona de cara á tramitación dun novo plan sectorial para o ámbito.

Proposta municipal
O alcalde transmitiu aos conselleiros que o Concello derrubará os muros que separan a ETEA das praias de Rios e A Punta, que estarán unidas a través do recinto mediante un paseo marítimo. A Xunta de Goberno Local xa deu hoxe o seu visto bo á reclamación oficial a Costas do dominio marítimo-terrestre para a senda, despois de que onte o alcalde xa anunciara o acordo de cesión coa entidade estatal.

Abel Caballero expuxo á Xunta de Galicia que "mantemos a nosa decisión de facer da ETEA un ámbito cidadá", cun paseo marítimo, con instalacións deportivas e espazos para a cidadanía. Ademais, o Concello contempla un porto para buques oceanográficos -vencellado ao Campus do Mar da Universidade de Vigo-.

O Concello avoga ademais pola reserva duns 30.000 metros cadrados para posibles ampliacións do centro de investigación do Campus do Mar, en previsión dun crecemento como o que xa tivo lugar na Cidade Universitaria viguesa, segundo afirmou Caballero. No tocante á posibilidade de que a Xunta de Galicia erixa vivendas nese espazo, o alcalde recordou que "non vemos a necesidade" das mesmas, pero agardará a coñecer en detalle a proposta autonómica ao respecto.

Convenio
O primeiro edil vigués recordou que o Concello debe autorizar "calquera cambio no proxecto anterior" para a ETEA, o convenio da Cidade do Mar impulsado polo anterior gobierno autonómico, xa que é "de obrigado cumprimento", aínda que precisou que "estamos dispostos a chegar a acordos" para a formalización dun novo acordo entre as partes.