Escoitar

Entidades e personalidades da cultura, a educación, a sanidade e a industria copan os Vigueses Distinguidos de 2010

Nunha Xunta de Voceiros celebrada este martes, os tres grupos políticos con representación municipal (PP, PSOE e BNG) acordaron a designación para 2010 de sete novos Vigueses Distinguidos. Segundo informou o alcalde, éstes serán Aurelio Pérez, a Cooperativa de Armadores, Diálogos 90, Escolas Ramón Nieto, Fogar e Clínica San Rafael, Sociedade Helios de Bembrive e Teo Cardalda. O próximo xoves ratificaranse en Pleno as distincións e a Medalla de Ouro da Cidade, aínda por consensuar.

martes, 23 mar 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes dos galardoados este ano para Vigueses Distinguidos, sete personalidades e entidades do mundo da cultura, a educación, a sanidade e a actividade portuaria, entre outras.

O consenso acordado este martes en Xunta de Voceiros polo PP, PSOE e BNG validou a designación de Aurelio Pérez, a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, Diálogos 90, Escolas Ramón Nieto, Fogar e Clínica San Rafael, a Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa Helios de Bembrive e Teo Cardalda.

O Pleno da Corporación previsto para o vindeiro xoves, 25 de marzo, oficializará os sete nomeamentos e incluirá o designado para Medalla de Ouro da cidade, aínda por consensuar entre os grupos políticos.

VIGUESES DISTINGUIDOS 2010

D. AURELIO PÉREZ GARCÍA
Nace en Vigo, sendo o seu pai funcionario municipal.
Traballou en diversas empresas de Vigo relacionadas co sector pesqueiro.
Foi Canciller no Consulado da República de Checoslovaquia en Vigo.
Foi candidato á medalla ao traballo polo desempeño da súa labor profesional durante 59 anos ininterrumpidos. Creador da firma Jope que instalou o primeiro secadeiro artificial de peixe que se montou en Galicia.
Director do Celta temporada 57-59, Insignia de ouro polo Real Club Celta polos seus 68 anos como socio, Presidente da Federación Galega de Ciclismo, e organizador na Volta ciclista a Galicia, Volta ao Ribeiro e Volta Ciclista a España. Foi socio fundador ata a súa desaparición do Centro de Fillos de Vigo.

COOPERATIVA DE ARMADORES DE PESCA DO PORTO DE VIGO
A Cooperativa de Armadores de Vigo constituiuse o 2 de decembro de 1964. O fin que se perseguía no momento da súa constitución, era fomentar a mellora económica e social dos seus asociados, mediante a acción conxunta.
Nove son as Asociacións dos Armadores de buques de pesca e dous as Organizaciones de Productores que teñen a sua sede no Porto de Vigo, e que a súa constitución fomentouse dende a unión de intereses pesqueiros.
Neste sentido, pode decirse que as asociacións pesqueiras radicadas no porto de Vigo, e adscritas á Cooperativa de Armadores, están entre as máis fortes e representativas do sector pesqueiro español e da Unión Europea.
A Cooperativa de Armadores de Vigo sitúase no extremo noroeste da península ibérica, o porto de Vigo abriga na súa ría, o principal enclave de tráfico marítimo do norte da península.

DIÁLOGOS 90
É unha asociación de mulleres que organizan distintas actividades de carácter lúdico cultural con gran presenza na vída sociocultural na nosa cidade. Entre os seus obxectivos destaca o de contribuír a facer visibeis as achegas que as mullers galegas realizan nos máis diversos campos. Esta visibilidade escenifícase nunha das súas actividades máis relevantes e que se converteu nunha cita ineludibel na nosa cidade, a entrega dos premios Galegas Destacadas.
Estes galardóns distinguen dende 1993, coincidindo coa conmemoración do pasamento da escritora Concepción Arenal, o traballo das mulleres destacadas tanto polo o seu público recoñecemento como por desempeñar a súa labor no anonimato, de tal xeito que puxeron de relieve a labor de máis de 50 mulleres que se converten en referentes do que as mulleres galegas poden achegar á sociedade.

ESCOLAS RAMÓN NIETO
En 1900, e financiado por D. Remigio Ramón Nieto Otero , construese unha escola na zona de Barreiro. Agrandada posteriormente e segundo instrucións do seu fundador, contaría con todos os avances pedagóxicos da época, e en honor a súa persona levaría popularmente dende entón o nome de Escolas Nieto.
Ó longo dos seus máis de cen anos de historia as Escolas Nieto tiveron a sorte de ter a persoas que foron capaces de dar moito mais do que implicaba o seu traballo ou a súa responsabilidade dentro deste centro educativo, só hai que lembra a magnífica labor de Ana Burillo Gómez, directora durante máis de 30 anos desta fermosa escola, así como a de Rodrigo Martínez González, director desta institución educativa dende hai poco máis de tres años, quen apostou moi forte por esta escola. Neste corto espacio de tempo puxo en marcha un proxecto ilusionante, levando a cabo reestructuracións importantes, ofertando novos servicios que representan unha maior oferta para as familias e desenvolvendo un proxecto educativo baseado nunha educación integral e de calidade. En tan só dous cursos implantado servicios tan necesarios e importantes como o comedor escolar , o servicio de madrugadores e iniciou unha reestructuración importante do proyecto educativo facendo que este centro volva a sertirse vivo, dinámico e que os seus educadores fagan con ilusión a súa labor.

HOGAR Y CLINICA SAN RAFAEL
O 29 de Agosto de 1943 inaugurouse o Fogar e Clínica, e dende entón realizaronse constantemente reformas de ampliación e reestructuración ata esta data. Situado no barrio vigués de Coia, ocupa unha parcela totalmente pechada de 15.000 m2 con acceso polas rúas de San Juan de Dios, Tomás A. Alonso, Camino de Cordoeira e Alcalde José R. Fontán. As diferentes áreas de actividade do Centro se distribuen en catro edificios comunicados, por paso subterráneo ou cuberto, ó obxecto de facilitar a comunicación entre eles, para aquelas actividades que requieran desprazamentos internos. A superficie útil total construida é de 10.711 m2 e o resto son zonas axardinadas e deportivas
É un centro de atención a discapacitados psíquicos e de rehabilitación, e ten carácter asistencial, de confesionalidade católica promovido para o cumprimento dun servicio público con xestión privada sen ánimo de lucro. Como tal Centro asistencial, se somete ás disposiciones emanadas da lexislación vixente sobre a materia, tanto do Estado Español, como da Comunidade Autónoma de Galicia.
Como Centro pertence á Orde Hospitalaria de San Juan de Dios, sometese ás disposicións emanadas das Constitucións e Estatutos Xerales da Orden Hospitalaria de San Juan de Dios. Como Centro católico atendese en todas as súas actividades á ética natural e á moral católica.
O Centro está aberto a toda persoa que necesite asistencia, calquera que sexa a súa condición relixiosa, social, ou económica, sen máis limitacións que as que se deriven das propias características específicas do Centro, as cales son de público coñecemento.

SOCIEDAD CULTURAL, DEPORTIVA E RECREATIVA HELIOS DE BEMBRIVE
"Helios" é unha sociedade que traballa sen ánimo de lucro en favor da cultura, o deporte e as actividades sociais, tendo como obxectivo acercar os seus socios o maior número posible de actividades, nas que poden participar como protagonistas ou como espectadores, e neste momento existe unha oferta cultural e de ocio de calidade, convirtíndose nun referente na vida cultural tanto da parroquia como da cidade de Vigo, acollendo todas as propostas que dende as distintas administracións se plantexan e creando un abano propio de actividades.
Ainda que nace no ano 1928 e se inaugura o 19 de agosto, as primeiras noticias escritas de Helios datan do ano 1932, sendo fundada por Don Edelmiro Vila e tendo referencias da Sociedade como "promotora e protectora das escolas da parroquia" e como "realizadora de veladas teatrais e bailes" no salón da Sociedade.
A guerra civil trunca toda esta actividade, sendo necesario esperar ata a década dos oitenta para que volva o rexurdimento e expansión dos seus grupos e actividades. Dende ese momento Helios traballa de xeito incesante a prol da cultura e a actividade social, pretendendo achegar aos seus socios en particular e aos veciños de Bembrive en xeral todo tipo de actividades e mostras culturais.

TEO CARDALDA GESTOSO
José Teodomiro Cardalda Gestoso (Bouzas, Vigo, 7 de octubre de 1962). Músico español, coñecido pola súa pertenza ós Golpes Bajos e Cómplices.
Cardalda comenzou na música co grupo Golpes Bajos, xunto a Germán Coppini en 1982. Inicialmente compoñían un dúo, ó que logo incorporaronse Pablo Novoa e Luis García. A canción máis recordada desta época é "Malos tiempos para la lírica".
Cómplices sería a seguinte aventura musical, esta vez en compaña da súa parella sentimental, a tamén viguesa María Monsonís. Aínda que o comenzo o grupo estaba formado por catro membros (Tino DiGeraldo e Billy Villegas completaban a banda), non tardou moito en converterse en un dúo. Es por ti, Los tejados o El marido de la peluquera son algunhas das cancions máis coñecidas do dúo. Tamén interpretaron a banda sonora da serie Nada es para siempre, rodada en Galicia a comezos da década do 2000.
A súa contribución á música dos anos 80 -época especialmente importante na música moderna en Vigo- é, sen dúbida unha das máis influintes e coñecidas.
Na actualidade é presidente da Asociación de Compositores e Autores de Música (ACAM) fundada o 31 de maio de 1995.