O Concello súmase a declarar o 22 de febreiro como o día internacional da igualdade salarial de homes e mulleres
Os tres grupos municipais apoiaron hoxe luns a proposta do Parlamento Europeo de declarar esta xornada para reivindicar a igualdade salarial, mediante unha declaración institucional no Pleno da Corporación. O Pleno aprobou tamén instar á creación dunha normativa que regule o mantemento dos elementos externos das edificacións, demandar da Xunta e da Deputación apoio ao Instituto de Estudos Vigueses, e reclamar ao goberno autonómico a residencia Altamar para o novo colexio.
O Concello de Vigo respaldou este luns por unanimidade, e mediante unha declaración institucional, a proposta do Parlamento Europeo de declarar o 22 de febreiro como día internacional da igualdade salarial entre homes e mulleres.
Segundo consta no texto, esta xornada "debería facernos reflexionar (...) sobre o modelo de sociedade en que vivimos e que seguimos a construir, apoiado no traballo non remunerado das mulleres. Modelo qu está en crise pola demanda das propias mulleres que reclaman o seu dereito a un traballo, a un salario e a ter un desenvolvemento profesional en igualdade de condicións cos homes".
Por outra banda, o Pleno aprobou cos votos favorables do PSOE e BNG instar á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra a que apoien o Instituto de Estudos Vigueses de xeito suficiente para manter os obxectivos que ten encomendados, tal e como ata hoxe ven facendo o Concello de Vigo.
Os partidos do goberno municipal votaron asemade a prol de que a Xunta de Galicia a residencia Altamar a disposición da ampliación do CEIP, e o Concello comprométese a ceder espazo para unha nova residencia.