Escoitar

O Verbum programa para os domingos de marzo "conferencias fantásticas"

As Conferencias fantásticas son un espectáculo dirixido a todos os públicos nos que de forma lúdica, pero á vez pedagóxica, cada semana se introduce aos participantes nun tema protagonista na Casa das Palabras. Cada unha destas conferencias é teatralizada e con grandes doses de humor, de forma que resulte dinámica e amena.

xoves, 18 mar 2010
1268919046conferenciasfantasticas.jpg
A protagonista de cada historia utilizará todo tipo de materiais para ilustrar as súas palabras, e tras unha breve presentación da materia a tratar porá en escea un relato cuxo argumento xire ao redor do motivo principal da conferencia e co que se estimulará a curiosidade dos oíntes, que terán ademais que participar activamente no desenvolvemento do mesmo.

Domingo 21 de marzo. Caderno de viaxe
Quen empezou a narrar as súas aventuras fóra da casa? Nesta conferencia que fala de viaxes reais e fantásticas buscaremos as orixes da literatura de viaxe, leremos fragmentos, e sobre todo faremos viaxar a imaxinación a través de terras descoñecidas.

Domingo 28 de marzo. E todo comezou cun grito... melodioso
Saltando de nota en nota veremos que non fai falta "saber ler música" para disfrutala, mesmo para facela... Recrearemos así unha pequena historia chea de instrumentos.

PARA NENOS/AS A PARTIR DOS 4 ANOS.
12 HORAS. 1 € / ASISTENTE
AFORAMENTO LIMITADO A 50 ASISTENTES.
ENTRADA POR RIGOROSA ORDE DE CHEGADA.
Descargar todas as imaxes