xoves, 18 marzo 2010

Santi Domínguez di que Vigo faise unha cidade máis igualitaria eliminando barreiras arquitectónicas en edificios públicos

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou este xoves que a eliminación das barreiras arquitectónicas converte a Vigo nunha cidade "máis igualitaria, máis xusta e máis solidaria". Na inauguración das obras do Plan de Accesibilidade, que supuxo a eliminación das barreiras arquitectónicas en 28 equipamentos municipais cun investimento superior aos 2 millóns de euros, o concelleiro anunciou que nos fondos procedentes do Plan FEIL para este ano tamén se destinará unha partida para completar este proceso de promover a mobilidade das persoas con discapacidade.

O concelleiro de Urbanismo amosou o "apoio total" do goberno á causa "xusta" dos traballadores de Alfageme

xoves, 18 mar 2010

José Mariño trasladou este xoves o "apoio total" aos traballadores da factoría e o seu desexo de que a súa situación "volva á normalidade". O edil apuntou que o PXOM inclúe 26,1 millóns de euros en plusvalías da parcela destinados ao traslado da fábrica e, de non ser reubicada, o Plan sería modificado para evitar que a propiedade quede con esa cantidade. Mariño asegurou que agarda que non sexa preciso adoptar esta medida xa que "hai solucións posibles" para resolver a situación dos traballadores.

Medioambiente está a investir 163.000 euros nos traballos de limpeza e recuperación da zona e na reposición dunha das pontes

O Concello retira as dúas pontes deterioradas do río Lagares

xoves, 18 mar 2010

A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, visitou hoxe as obras de mellora do cauce do río Lagares, á altura de Ricardo Mella, onde se están a levar a cabo importantes actuacións de limpeza e recuperación. Varios operarios traballaban esta mañá nas labores de retirada das dúas pontes deterioradas ubicadas nas inmediacións da Estación Depuradora.

Do 22 de marzo ao 16 de abril abrese o prazo para a presentación de solicitudes no Rexistro Xeral

Educación duplica o número de prazas para o programa de becas de inmersión el lingua inglesa (PILIVIGO 2010)

xoves, 18 mar 2010

250 alumnos de 3º da ESO dos centros educativos da cidade poderán acceder a un programa que ofrece a oportunidade de mergullarse na lingua e cultura británicas e aprender nas escolas locais. Serán tres semanas de estadía en Irlanda ou Reino Unido e nesta convocatoria poderán acceder as prazas os alumnos dos centros privados concertados, logo de adxudicalas preferentemente aos estudantes da rede pública que cumplan os requisitos.

A programación do ALT. amosa a proposta de novos creadores galegos

xoves, 18 mar 2010

Dentro da programación do ALT Festival Alternativo das Artes Escénicas, o venres día 19 de marzo, farese un programa especial con tres traballos da nosa comunidade.Contarase coa presenza de Carolina Fernández, creadora audiovisual, bailarina e performer; Alfonso Rivera, profesor de mimo e expresión corporal na ESAD de Galiza e creador; Uxía P. Vaello e Borja Fernández, artístas multidisciplinares procedentes de distintas artes coma danza, circo e teatro.

O Verbum programa para os domingos de marzo "conferencias fantásticas"

xoves, 18 mar 2010

As Conferencias fantásticas son un espectáculo dirixido a todos os públicos nos que de forma lúdica, pero á vez pedagóxica, cada semana se introduce aos participantes nun tema protagonista na Casa das Palabras. Cada unha destas conferencias é teatralizada e con grandes doses de humor, de forma que resulte dinámica e amena.