Exposición de pintura de Yago Puentes na Casa da Xuventude
Desde o 15 e ata o 26 de marzo podese visitar a exposición de pintura de Yago Puentes "Cun ollo aberto" na Casa da Xuventude.Esta exposición reflicte a pouca confianza que existe nos tempos nos que vivimos, debido aos problemas económicos, problemas persoais, problemas de calquera tipo, ata problemas amorosos.
Grazas á palabra máxica, e que agora está máis de moda, "crise", todos intentamos agocharnos desta realidade baseándonos nunha visión surrealista. Por iso pódense atopar desde visións da muller surrealista, fóra dos cánones típicos de beleza, floreiros personificados, retratos surrealistas interpretados, personaxes inventados...
Pódese observar tamén un reflexo abundante dunha anatomía bruta e torpe, fóra de límites reais, acompañada case sempre por unha tendencia chamada "monoculismo"(definida así polo propio artista) que nos esconde, en moitos casos, a presenza dun dos ollos.
"Por iso, nestes tempos, é mellor vivir, durmir e morrer cun ollo aberto"
A mostra está aberta de luns a venres de 09.00 a 14.00h da mañá e de 17 a 20h da tarde na Casa da Xuventude na rúa López Mora, 31.