Escoitar

O alcalde demanda un hospital de financiamento e xestión pública con áreas de investigación de referencia

Tras unha reunión coa Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, Abel Caballero amosou este mércores o seu "apoio absoluto" ás tesis do colectivo, e reclamou á Xunta de Galicia un novo hospital público, con 1.450 camas, de financiamento público e áreas de investigación referenciais. Este modelo, "garantía" da calidade asistencial e "perfectamente viable", rixe nos restantes hospitais galegos, o mesmo que o alcalde demanda para Vigo.

mércores, 17 mar 2010
1268835850P3170503.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, demandou este mércores á Xunta de Galicia a construcción dun novo hospital público para Vigo, de 1.450 camas, financiamento público e con "áreas de investigación de referencia".

Así o manifestou o rexedor vigués despois dunha reunión mantida cos responsables da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, na que Abel Caballero transmitiu o "apoio absoluto da Alcaldía á súa demanda" dun novo hospital público como a "maior garantía" dunha asistencia sanitaria de calidade para Vigo.

Caballero rexeitou a intención do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, de "iniciar un experimento en Vigo de hospitais privados" coa edificación dun hospital con "control privado", o que rebaixaría a longo prazo a calidade sanitaria.

O alcalde reclamou ao goberno autonómico que o novo hospital vigués teña as mesmas características que os que operan no resto de cidades galegas, con financiamento e control público -a través da Sociedade Pública de Investimentos- e cumprindo os prazos estipulados de catro ou cinco anos ata a súa finalización. Este modelo "é perfectamente viable", apuntou o primeiro edil, e tería para a administración "menos custe que o financiamento a través da empresa privada".

O alcalde indicou que a calidade sanitaria de Vigo é inferior a media galega e española e o ratio de camas por habitante na cidade olívica "está claramente por debaixo do promedio de Galicia" e probablmente de España.
Descargar todas as imaxes