Escoitar

CEDRO celebra os seu 25 aniversario

O Centro Social Caixanova acolle, o mércores 17 de marzo, un acto institucional no que se conmemora o 25 aniversario do inicio das actividades de CEDRO – Unidade Asistencial de Drogodependencias Unidade de Día- .<br />

martes, 16 mar 2010
O programa de actos comezará ás 10 horas coa presentación a cargo do director de CEDRO, Francisco Otero. A continuación falarán sobre os 25 anos de historia de CEDRO, Jorge Cabrera Riande, psicólogo clínico; Mariló Fernández Besada, enfermeira e Antón Bouzas Álvarez, auxiliar psiquiátrico.

Ás 11.15 horas Miguel Pérez García, do departamento de Personalidade, Evaluación e Tratamento Psicológico da Universidade de Granada pronunciará unha conferencia co título "A competencia neurocognitiva do drogodependente: retos clínicos".

Ó acto clausurarase ás 12.15 horas coas intervencións da concelleira de Benestar Social, María Méndez e de Fernanda López Crecente, da subdirección xeral de xestión sociosanitaria e saúde mental da Consellería de Sanidade.