Escoitar
A actividade está organizada pola Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo de Vigo

Aberto o prazo para inscribirse na primeira edición do "Camiño de Santiago"

A partir do 15 de marzo, ábrese o prazo de inscrición para a primeira edición do Camiño de Santiago que organiza a Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo de Vigo. Todas as persoas interesadas poderán tramitar a preinscrición chamando ao servizo de atención telefónica do Concello de Vigo (010) entre luns 15 de marzo e o venres 26 de marzo.

luns, 15 mar 2010
1268654733camino.jpg
Neste servizo informarase dos requisitos, reunión previa informativa, horarios, recomendacións para a viaxe, etc .Nesta primeira edición farase o camiño de Santiago en tres fins de semana, comezando o 10 e 11 de abril, e continuando o 17 e 18, finalizando o programa o 23 e 24 de abril.

Unha parte do transporte está subvencionada por RENFE e outra pola propia Concellería, ademáis de aportar esta última o persoal de coordinación, socorrista, guías, pernocta polo camiño e demáis aspectos organizativos.

Os interesados para esta edición deben abonar 23,95 euros na conta que indique o servizo 010 para tramitar o pago a RENFE da porcentaxe non subvencionada, e que inclúe o tranporte de ida e volta en tren e traslados en autobuses dende os inicios e finais de traxectos. As etapas que se farán son:
-Vigo-Redondela
-Redondela - Pontevedra
-Pontevedra - Caldas de Reis
-Caldas de Reis - Padrón
-Padrón - Santiago de Compostela.

Os participantes deberán levar unha mochila con seus enseres persoais para o traxecto e pernocta polo camiño (en polideportivos de Redondela, Caldas de Reis, Santiago de Compostela); ademáis de comida para a súa manutención durante o programa.

Na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org) aparece un link de acceso ao programa Camiño a Camiño, onde figura a partir deste luns a información actualizada no apartado do Camiño de Santiago. Ademáis para os que non teñan acceso á web poden consultar todos os datos a través do 010. O número de prazas é limitado, polo que se recomenda que os interesados chamen o antes posible para formalizar a sua inscripciòn. A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, anima a todos os vigueses "a percorrer o Camiño con nós e disfrutar dunha actividade tan saudable como camiñar por este entorno histórico". Lembramos que o pasado 7 de marzo comezou o programa Camiño a Camiño coa ruta do Galiñeiro, e queda por diante un magnífico programa de rutas polo municipio de Vigo, no que se inclúen rutas nocturnas con observacións astronómicas e visitas ás Illas Cíes de fin de semana e unha soa xornada.
Descargar todas as imaxes

Máis información