Aprobación inicial do proxecto de urbanización de novo vial en Carballal (Cabral)
A Xunta de Goberno Local en sesión do 19 de febreiro de 2010 acordou de conformidade co informe do enxeñeiro técnico de OOPP da Xerencia Municipal de Urbanismo do 18.12.2009, aprobar inicialmente o «Proxecto de urbanización de novo vial en Carballal – Cabral», promovido por D. José Javier Pereira Freiría e redactado polos arquitectos D. Darío García Bernárdez e D. Francisco J. Martínez Paz, con planos visados polo COAG o 14.08.2009, cun orzamento de execución por contrata (Fase 1) de 23.295,03 €; cantidade que deberá ser garantida mediante aval bancario antes da aprobación definitiva do proxecto.
Sométese o expediente número 4925/401 ao trámite de información pública polo prazo de vinte días mediante a publicación de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e nun dos xornais de maior circulación na provincia. O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate dos vinte días contados dende o derradeiro anuncio.
A documentación do presente expediente atópase ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.
O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, para todas e todos aqueles interesados directamente afectadoss que por resultar descoñecidos ou por ignorar o seu domicilio non poidan ser notificados persoalmente.