Escoitar

Xabier Alonso felicita á atleta Soledad Castro, campiona do mundo de medio maratón en pista cuberta para veteranos

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, expresou este venres os seus parabéns á atleta Soledad Castro, que vén de proclamarse campiona de medio maratón no Campionato do Mundo de pista cuberta para veteranos que se celebrou a semana pasada en Canadá. Na recepcion celebrada na Concellería de Deportes, o concelleiro agasallouna cun exemplar da obra "Vigo cidade das ondas", con textos do xornalista Eduardo Roland e imaxes do fotográfo Javier Teniente.

venres, 12 mar 2010
1268400486recepcionatleta.jpg
"Esta atleta é unha máquina, que gaña a forza de moito traballo e esforzo", dixo Xabier Alonso. Por outra banda, animou Soledad Castro a participar na segunda edición do Circuíto de Carreiras Populares, que comeza o vindeiro 21 de marzo. Na conversa, o concelleiro de Deportes comentoulle tamén as probas que integran o programa e os puntos que se consiguen coas respectivas clasificacións.
Descargar todas as imaxes