Escoitar

O Concello de Vigo recibe por primeira vez na democracia a visita institucional do presidente do Senado

O máximo representante da Cámara Alta, Javier Rojo, mantivo este venres unha reunión co alcalde, Abel Caballero, asinou no libro de honra, para despois ser recibido pola Corporación Local de Vigo. En comparecencia conxunta co rexedor vigués, o presidente asegurou que Vigo "é unha gran cidade, con moito potencial" e defendeu o papel dos concellos no modelo das autonomías. Previamente, Javier Rojo pronunciou un relatorio no Pazo Os Escudos dentro da tribuna Fórum Europa.

venres, 12 mar 2010
1268400711P3120453.JPG
O Concello de Vigo recibiu este venres a primeira visita institucional da democracia dun presidente do Senado. Javier Rojo foi recibido polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, con quen mantivo posteriormente unha reunión, e rematou a súa visita cunha recepción dos concelleiros municipais da Corporación.

Á súa chegada ao Concello de Vigo, despois de pronunciar un relatorio no Pazo Os Escudos dentro da tribuna Fórum Europa en Galicia, Javier Rojo asinou no libro de honra do Concello e foi agasallado cunha pintura institucional por parte do alcalde, en representación do municipio. A súa visita institucional concluíu coa recepción da Corporación local de Vigo.

En rolda de prensa conxunta, o alcalde de Vigo agradeceu a visita ao Concello do presidente do Senado, a primeira na historia da democracia, e explicou a Rojo o proxecto de cidade, o potencial vigués en automoción e naval e a "transformación"na que está inmersa a urbe. Caballero subliñou "a capacidade de desenvolver industria" de Vigo aínda en época de crise.

Javier Rojo, pola súa banda, asegurou que Vigo "é unha gran cidade, con moito potencial" e "radicalmente distinta" á que atopouse fai dez anos, segundo indicou. O presidente da Cámara Alta defendeu o papel dos concellos dentro do estado das autonomías, "unha peza fundamental" na estrutura administrativa.
1268400711P3120453.JPG
1268400724P3120460.JPG
1268400737P3120451.JPG
Descargar todas as imaxes