O Verbum programa obradoiros creativos de son,video, teatro e escritura
Co título "Alg.a.Extensión Verbum", o museo organiza do 13 de marzo ó 5 de xuño un ciclo de obradoiros de contido creativo-artístico dirixido á xente nova. Os obradoiros que terán lugar os sábados e de carácter gratuíto celebraránse en horario de 10.00 a 21.30 horas.
Sábado 13 de marzo. "Fonografía e Arte Sonora". Por Carlos Suárez
Exploración dalgunhas técnicas de composición electroacústicas que toman como punto de partida a gravación do son.
Sábado 20 de marzo. "Creación dun personaxe". Por Pepa Yáñez
Como construír, defender e improvisar un personaxe escénico a través da experiencia teatral,musical e en xéneros híbridos como o cabaré. Estimular a imaxinación e a creatividade dos asistentes a partir do descubrimento dun personaxe creado a partir deles. A partir do xogo teatral, o personaxe-actor crece e reacciona descubrindo novos rexistros e adquirindo roles diferentes fronte á colectividade coa que interactúa.
Todos os obradoiros rematarán cun concerto, actuación ou evento artístico asociado.