Escoitar

O MARCO planifica o taller da artista Almudena Fernández Fariña "O que a pintura non é"

Este taller, dirixido pola artista viguesa Almudena Fernández Fariña, ten como obxectivo explorar os límites do que se definiu tradicionalmente como pintura. Está aberta a matrícula do taller que se celebrará do 12 ao 16 de abril e que está destinado a artistas, estudantes de BBAA e disciplinas afíns, e outras persoas interesadas

luns, 15 mar 2010
1268660719muraldeco.jpg
A tradición sustentou a categoría de pintura nunha serie de convencións ligadas a aspectos instrumentais (o pincel), procesuais (manualidade), materiais (pigmentos e aglutinantes), formais (soporte cuadrangular e bidimensional), e perceptivos (visión frontal/estática). Durante este taller teórico-práctico analizaranse e cuestionaranse ditas convencións, para comprender as aperturas e derivas na práctica pictórica contemporánea. Proporase un achegamento que traspase os límites do formato tradicional para reflexionar sobre a relación entre a pintura e o espazo que a contén. En canto aos destinatarios, preténdese que sexa unha experiencia na que teñan cabida persoas procedentes de Belas Artes e disciplinas afíns, e tamén outras persoas sen formación específica pero cun interese de partida nos temas a tratar.

OBXECTIVOS
- Comprender as aperturas e derivas na práctica pictórica contemporánea.
- Experimentar a pintura dende a negación das convencións: explorar os seus límites, expandir o seu campo.

CONTIDOS
- Análise das convencións que sustentaron tradicionalmente a categoría de pintura.
- Revisión da historia para entender como e por que se impoñen e asumen tales convencións.
- Observación daquelas prácticas pictóricas que supoñen unha ruptura.
- Exemplos de artistas que incitan a reconsiderar e redefinir o concepto de pintura.

METODOLOXÍA
- Cada sesión do taller comezará cunha charla apoiada en imaxes que invite os participantes a reflexionar sobre a definición de pintura.
- As reflexións extraídas da charla completaranse coa experiencia práctica de cada participante no taller.


PROGRAMA
Sesión 1 (luns 12 abril). A pintura sen pintura
- Reflexión sobre a convención que identifica a pintura cunha materia composta por pigmentos e aglutinantes.
- Presentación de exemplos de artistas que subverten as regras e afrontan a práctica pictórica dende a negación desa especificidade material.
- Práctica: exploración de novos territorios a partir desa negación, utilizando diferentes medios e materiais.

Sesión 2 (martes 13 abril). A pintura sen pincel
- Reflexión sobre a convención que identifica a pintura co pincel e co proceso manual de cubrir unha superficie con materia pictórica.
- Presentación de exemplos de artistas que afrontan a práctica pictórica dende a negación do pincel e da acción esencialmente humana da pincelada.
- Práctica: pintura sen pinceis.

Sesión 3 (mércores 14 abril). A pintura sen cadro
- Reflexión sobre a convención que identifica a pintura cun soporte bidimensional de perímetro cuadrangular (un cadro).
- Presentación de exemplos de artistas que afrontan a práctica pictórica dende a negación da lóxica espacial do cadro, e que subverten os límites do soporte.
- Práctica: exploración de novas relacións espaciais na pintura.

Sesión 4 (xoves 15 abril). A pintura sen muro
- Reflexión sobre a convención que identifica a pintura cunha superficie bidimensional paralela ao muro.
- Presentación de exemplos de artistas que afrontan a práctica pictórica dende a negación do espazo plano paralelo ao muro: espazos tridimensionais, novos ámbitos perceptivos.
- Práctica: ruptura da superficie do lenzo paralelo ao muro e apertura da pintura a tres dimensións.

Sesión 5 (venres 16 abril). O que a pintura é
- Presentación e análise do traballo de Almudena Fernández Fariña.
- Desenvolvemento e afondamento nas prácticas iniciadas en sesións anteriores.
- Revisión de traballos realizados e conclusións.


ALMUDENA FERNÁNDEZ FARIÑA (Vigo, 1970)

Doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo
Artista e profesora asociada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo

Exposicións individuais
Galería Sargadelos. Santiago de Compostela, 1996
Galería SCQ. Santiago de Compostela, 1998
Galería VGO. Vigo, 1999
Caja Madrid. Espacio para el arte. Pontevedra, 2000
Galería Arte Periférica. Lisboa, 2001
Galería SCQ. Santiago de Compostela, 2002
Texere, Centro Torrente Ballester. Ciclo Miradas Virxes. Ferrol, 2002
Pintura-expansión. Latitudes II (con Álvaro Negro). Fundación Caixa Galicia, Pontevedra, Lugo, Vigo
Knoten, Galería VGO. Vigo, 2004
Pintura hábitat, Galería Astarté. Madrid, 2005

Exposicións colectivas (selección)
1993, 1994, 1997, 1999, 2001. I, II, III, IV, e V Bienal de Lalín, Pontevedra
1993, 1994 Mostra Novos Valores, Pontevedra
1994. 30 anos no 2000. Artistas Galegos para un cambio de milenio, Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela
1995, 1997, 1999. IV, V e VI Mostra Unión Fenosa, A Coruña
1995, 1997. II e III Mostra Malvar Novos Valores, Santiago de Compostela
1996. Premios de La Villa de Madrid, Centro Cultural Conde Duque, Madrid
1996, 1998. XXIII y XXV Premios da Fundación Bancaixa. Centro Cultural de Valencia; Centro Cultural Rambla, Alicante; Centro Cultural La Asunción, Albacete
1996, 1998. III e IV Premio Fundación de Fútbol Profesional, Casa de Velázquez, Madrid
1996, 1997, 1999. Foro Atlántico, O Porto, Portugal, 1996; A Coruña, 1997; Pontevedra, 1999
1997. Bienal de Mulleres Alecrín. Casa das Artes, Vigo
1997, 1999. Certame Isaac Díaz Pardo, A Coruña
1997, 1998, 1999, 2000. XIII, XIV, XV e XI Premio de pintura L’OREAL, Centro Cultural Conde Duque, Madrid
1998. VIII Bienal de Oviedo, Museo Municipal, Oviedo
Premio de Arte Joven, Madrid
1998-1999. Exposición Bolseiros Fundación Caixa Galicia. Fundación Caixa Galicia, A Coruña, Vigo, Lugo
1999. Novos Camiñantes, Pazo da Cultura, Pontevedra
Gallegos. 7 miradas a la pintura, Monasterio de San Francisco, A Habana, Cuba
2000. Generación 2000, Caja Madrid. Madrid, Barcelona, Valladolid, Valencia, Sevilla
2000, 2002, 2004, 2005, 2006. ARCO, Feria Internacional de Arte Contemporáneo, Madrid
2001, 2002, 2003. Arte Lisboa, Feria Internacional de Arte Contemporáneo
2001-2002. Colección L’Oreal. Centro Cultural Gran Capitán, Granada; Fundación Laxeiro, Vigo; Ciudadela, Pamplona; Casal Solleric, Palma de Mallorca
2002. Salón de Otoño, A Coruña
Desvelos e vixilias, Pazo da Cultura, Pontevedra

2003. Almudena Fernández Fariña e Tatiana Medal, Galería Marisa Marimón, Ourense
2004. No principio era a viaxe, Bienal de Pontevedra, Pazo da Cultura de Pontevedra
2005. Sky Shout. A pintura despois da pintura, Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela
ART-FAIR Cologne, Colonia, Alemaña
2006. Accións estratéxicas. Arte actual na Deputación Provincial da Coruña, Colexio Fonseca, Santiago de Compostela
2006-2007. Entre a palabra e a imaxe. Fundación Luis Seoane, A Coruña; Museo da Cidade, Lisboa; Centro Cultural Vila Flor, Guimarães
2008. Sobre o espazo infinito, a creación ao redor do mar, Sala Municipal, A Coruña
2008-2009. Marxes e Mapas. A creación de xénero en Galiza, Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela
2009-2010. EX –Profeso I, Sala X, Facultade de Belas Artes de Pontevedra

Premios e bolsas
1993. 1º premio de pintura da Universidade de Vigo
1º premio de pintura da Fundación Rutas del Románico, Pontevedra
1994. Bolsa Erasmus. School of Art and Desing. Limerick, Irlanda
1994-95. Bolsa Novos Valores. Deputación Provincial de Pontevedra
1995. Premio Adquisición Bienal de Lalín, Pontevedra
Accésit da Fundación Rutas del Románico, Pontevedra
Mención honorífica certame de artes plásticas de Tui, Pontevedra
Mención especial premio Malvar, Santiago de Compostela
1996. Premio Francisco de Goya, Villa de Madrid
1996-97. Bolsa Caixa Galicia. École de Beaux Arts, Le Mans, Francia
1997. Premio Adquisición Bienal de Lalín, Pontevedra
1998. Bolsa Valdearte. Barco de Valedoras, Ourense
1999. Bolsa Curso de Arte de Hondarribia
Premio adquisición Certame Isaac Díaz Pardo
2000. Premio de pintura L’OREAL, Madrid
2001-2002. Bolsa POLLOCK-KRASNER Foundation, Nova York
2002. Bolsa Fundación Valparaíso, Mojácar, Almería

Obra en coleccións
Concello de Tui. Fundación Caja Madrid. Colección Caixanova. Deputación Provincial de Pontevedra. Universidade de Santiago de Compostela. Universidade de Vigo. Ayuntamiento de Madrid. Concello Barco de Valdeorras. Ayuntamiento de Hondarribia. Deputación A Coruña. Colección Caixa Galicia. Colección L’Oreal Hispania. Museo de Pontevedra. Consello de Contas de Galicia. Fundación Valparaíso. Banco Gallego. Fundación Casa Museo ‘A Solaina’ de Piloño. Faro de Vigo.
Descargar todas as imaxes