martes, 16 marzo 2010

O alcalde avanza que en outono estará rematada a humanización da marxe esquerda da Avenida de Europa

Abel Caballero visitou este martes as obras de humanización da marxe esquerda da Avenida de Europa, desde o colexio "Amor de Dios" ata a Avenida de Samil, cun investimento de 900.000 euros. O Concello acelerará os traballos para ter a beirarrúa lista en verán, e en outono o resto da mellora. Aproximadamente en ano e medio ou dous anos iniciarase a marxe dereita da Avenida, que dará continuidade ao paseo verde da Avenida de Castelao.

Santi Domínguez avanza que a reconstrución do edificio do Centro Galego de Fotografía comezará en maio

martes, 16 mar 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, avanzou este martes que a reconstrución do edificio que albergará o novo Centro Galego de Fotografía comezará no vindeiro mes de maio, de xeito que podería abrir no primeiro trimestre de 2011. O concelleiro anunciouno na visita que realizou ao inicio das obras de demolición do inmoble, ubicado na rúa Chao, e que segundo apuntou non será unha "demolición masiva", co obxectivo de reutilizar a pedra ben conservada na reconstrución desta nova dotación cultural.

Polo de agora a concelleira non ten coñecemento oficial do informe da Xunta aínda que agarda que a resolución sexa positiva

Chus Lago visita as obras de mellora de Vigozoo

martes, 16 mar 2010

A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, visitou hoxe as instalacións de Vigozoo para ver as obras de mellora do recinto da Madroa. A concelleira quixo deixar claro que as actuacións en marcha non responden só aos requisitos da Comisión Europea para axustarse a normativa comunitaria senón que a meirande parte das mesmas están incluidas nos plans de inversión do zoolóxico.

CEDRO celebra os seu 25 aniversario

martes, 16 mar 2010

O Centro Social Caixanova acolle, o mércores 17 de marzo, un acto institucional no que se conmemora o 25 aniversario do inicio das actividades de CEDRO – Unidade Asistencial de Drogodependencias Unidade de Día- .<br />

Roteiros polo Vigo Arqueolóxico para a mocidade

martes, 16 mar 2010

Percorridos polos principais vestixios e xacementos doutros tempos no Concello de Vigo, para achegar a riqueza patrimonial da cidade e o seu entorno a poboación xuvenil, constituen un dos principais obxectivos do Roteiros polo Vigo Arqueolóxico, que a partir do 18 de marzo se desenvolverán dacordo coa programación de actividades da Concellaría de Xuventude. As convocatorias previstas serán guiadas e gratuítas polos diferentes lugares que van desde O Castro a Toralla, pasando por Castrelos.