luns, 15 mar 2010
A Xunta de Goberno Local celebrada este luns aprobou os plans de seguridade e saúde das obras, o paso previo ao inminente inicio dos traballos. Segundo indicou Abel Caballero, e dentro dos orzamentos municipais, o Concello deu o seu visto bo as melloras da Alameda Emilio Crespo Cano, de Casal de Arriba, Muiños, Sanín-Casas, Curros, o entorno da Igrexa de Zamáns e a estrada da Igrexa, Espedrigada, Baixada a Laxe, Fragoselo e Marcosende.
luns, 15 mar 2010
O tenente de alcalde e concelleiro de Cascos Históricos, Santi Domínguez, presentou este luns os proxectos de rehabilitación do contorno da Praza de Diego Santos e da rúa Cruceiro Vello de Bouzas. Na súa intervención, o concelleiro salientou que estas actuacións contan cun orzamento de 489.000 euros, financiados con cargo ao Plan FEIL correspondente ao 2010, e teñen o obxectivo de recuperar espazos peonís no casco histórico de Bouzas.
luns, 15 mar 2010
A Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo (MAIV) aposta pola modernización administrativa dos concellos que a compoñen coa posta en marcha do proxecto E-M@IV. O proxecto supuxo unha inversión de 606.053 euros e estivo financiado ao 70% polo Plan Avanza do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
luns, 15 mar 2010
O alcalde de Vigo asegurou que a intención do goberno local que preside pasa porque todos os escolares poidan estudar un mes no estranxeiro, polo que este ano 2010 duplícase a oferta de becas para alumnos de colexios públicos e concertados. Este verán, 250 alumnos viaxarán a Inglaterra e Irlanda -e estase a estudar a posibilidade de Canadá-, ademais de sobre 100 estudantes da Escola Oficial de Idiomas sufragados polo Concello.
A actividade está organizada pola Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo de Vigo
luns, 15 mar 2010
A partir do 15 de marzo, ábrese o prazo de inscrición para a primeira edición do Camiño de Santiago que organiza a Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo de Vigo. Todas as persoas interesadas poderán tramitar a preinscrición chamando ao servizo de atención telefónica do Concello de Vigo (010) entre luns 15 de marzo e o venres 26 de marzo.
luns, 15 mar 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, destacou hoxe que o XI Trofeo Cidade de Vigo de Mountain Bike, que terá lugar esta fin de semana, inclúe como novidade a celebración dunha pedalada popular. Na presentacion da proba, o edil salientou a espectacularidade do descenso, no monte Fragoselo de Coruxo, polo que asegurou que "Vigo é todo un reto para os afeccionados a este deporte".
luns, 15 mar 2010
Este taller, dirixido pola artista viguesa Almudena Fernández Fariña, ten como obxectivo explorar os límites do que se definiu tradicionalmente como pintura. Está aberta a matrícula do taller que se celebrará do 12 ao 16 de abril e que está destinado a artistas, estudantes de BBAA e disciplinas afíns, e outras persoas interesadas