mércores, 17 marzo 2010

O alcalde demanda un hospital de financiamento e xestión pública con áreas de investigación de referencia

Tras unha reunión coa Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, Abel Caballero amosou este mércores o seu "apoio absoluto" ás tesis do colectivo, e reclamou á Xunta de Galicia un novo hospital público, con 1.450 camas, de financiamento público e áreas de investigación referenciais. Este modelo, "garantía" da calidade asistencial e "perfectamente viable", rixe nos restantes hospitais galegos, o mesmo que o alcalde demanda para Vigo.

María Méndez destaca a atención integral que ofrece CEDRO dende hai 25 anos no ámbito das drogodependencias

mércores, 17 mar 2010

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, participou este mércores na clausura dos actos que conmemoran o 25 aniversario da creación de CEDRO. Na súa intervención, a concelleira salientou a atención integral e especializada que ofrece o equipo de profesionais desta unidade asistencial dende a súa creación en 1985 no ámbito das drogodependencias.

Santi Domínguez anuncia o investimento de 2,5 millóns na reforma integral do mercado e a praza de O Progreso

mércores, 17 mar 2010

O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santi Domínguez, anunciou este mércores a reforma integral do mercado e a praza de O Progreso, que ten un orzamento de 2,5 millóns de euros e un prazo de execución de un ano a partir da apertura do mercado provisorio na praza superior. Na presentación do proxecto o concelleiro asegurou que ademais de mellorar as instalacións, a remodelación ten o obxectivo de "conseguir que o mercado se convirta nun elemento dinamizador do barrio e do contorno comercial".

Xesus López expresa o apoio municipal ao proxecto "Ponte nas ondas", que se celebrará o 16 abril no Verbum

mércores, 17 mar 2010

O concelleiro de Cultura, Xesus López, expresou este mércores o apoio do Concello de Vigo ao proxecto "Ponte nas ondas", que este ano celebran "quince anos tendendo pontes". A XVI edición celebrarase no museo Verbum o 16 de abril baixo o título "O tesouro dos avós", e os días 23 e 24 de abril o Verbum tamén acollerá a primeira parte do congreso de celebración dos quince anos de traballo a prol da recuperación do patrimonio inmaterial galego e portugués.

Exposición de pintura de Yago Puentes na Casa da Xuventude

mércores, 17 mar 2010

Desde o 15 e ata o 26 de marzo podese visitar a exposición de pintura de Yago Puentes "Cun ollo aberto" na Casa da Xuventude.Esta exposición reflicte a pouca confianza que existe nos tempos nos que vivimos, debido aos problemas económicos, problemas persoais, problemas de calquera tipo, ata problemas amorosos.