Xesus López expresa o apoio municipal ao proxecto "Ponte nas ondas", que se celebrará o 16 abril no Verbum
O concelleiro de Cultura, Xesus López, expresou este mércores o apoio do Concello de Vigo ao proxecto "Ponte nas ondas", que este ano celebran "quince anos tendendo pontes". A XVI edición celebrarase no museo Verbum o 16 de abril baixo o título "O tesouro dos avós", e os días 23 e 24 de abril o Verbum tamén acollerá a primeira parte do congreso de celebración dos quince anos de traballo a prol da recuperación do patrimonio inmaterial galego e portugués.
O concelleiro de Cultura salientou o traballo desenvolvido pola asociación Ponte nas Ondas dende 1995, baseado na cooperación entre centros de ensino de primaria e secundaria de Galiza e o norte de Portugal. O nacionalista lembrou que o proxecto xurdíu a partir da inauguración da ponte entre as localidades de Salvaterra de Miño e Monçao, de xeito que un grupo de 16 escolas decidiron establecer "unha ponte de comunicación" a través das ondas de radio.
O responsable de Ponte nas Ondas, Santiago Veloso, agradeceu ao Concello de Vigo, e especialmente ao museo Verbum, a acollida dispensada á iniciativa de Ponte nas Ondas. Explicou que a XVI edición da xornada, "O tesouro dos avós" dá continuidade á edición pasada, centrada nos tesouros vivos, e destacou a importancia de establecer pontes de comunicación entre os nenos e os avós.
Como novidade, Veloso salientou que o do día 16 de abril será o primeiro programa realizado integramente na rede e sinalou que será emitido a través de internet mediante uvigo televisión.
"Vigo será unha vez máis a capital do patrimonio inmaterial galego portugués" destacou o responsable de Ponte nas Ondas respecto ao congreso "Pontes de cultura, pontes de futuro", que se celebrará no Verbum os días 23 e 24 de abril e en Melgaço o 25 de abril. Informou de que este congreso ten o obxectivo de reflexionar sobre o traballo realizado nestes quince anos, pechando un ciclo, pero tamén abrindo novas liñas de traballo para o futuro.
Das xornadas que terán lugar en Vigo sinalou que servirán para reflexionar sobre o feito da comunicación, de xeito que a conferencia inaugural correrá a cargo do xornalista Manuel Campo Vidal. Engadíu que tamén reunirá a destacados antropológos internacionais que esbozarán a importancia do patrimonio galego portugués para o futuro da eurorrexión. Finalmente, afirmou que o congreso culminará día 25 en Megaço, coa presentación dun libro-disco sobre as cantigas de amigo e un concerto no que actuarán Socorro Lira, Joao Afonso e Uxía Senlle.
O director do Verbum, Rosendo Covelo, asegurou na súa intervención que a celebración de Ponte nas Ondas nas instalacións do museo "afonda nunha das liñas fundamentais do Verbum", como é a promoción do patrimonio inmaterial galego portugués.
Descargar todas as imaxes