María Méndez destaca a atención integral que ofrece CEDRO dende hai 25 anos no ámbito das drogodependencias
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, participou este mércores na clausura dos actos que conmemoran o 25 aniversario da creación de CEDRO. Na súa intervención, a concelleira salientou a atención integral e especializada que ofrece o equipo de profesionais desta unidade asistencial dende a súa creación en 1985 no ámbito das drogodependencias.
"Naquel momento fomos innovadores, ao converternos no primeiro Concello de Galiza en dispoñer dun centro asistencial como CEDRO", salientou a concelleira de Benestar Social. Neste sentido lembrou que a creación desta unicidade "non foi casualidade", xa que por entón xurdiron outras entidades de índole social como Érguete, Alborada CEDRO, ou a actuación das "nais coraxe" debido ao "auxe das politoxicomanías e o xeral desconcerto ante este problema que afectaba ao conxunto da sociedade", apuntou.
María Méndez destacou tamén o traballo en rede que desenvolven os "grandes profesionais" de CEDRO de xeito coordinado co resto das entidades que integran o Plan Local de Drogas e outras adiccións. Segundo afirmou, é preciso insistir na colaboración entre as distintas administracións no obxectivo de "mellorar a calidade de vida das persoas que teñen algún tipo de patoloxía".
Ao respecto, fixo fincapé en que cómpre "adicar todos os recursos posibles" ás políticas de prevención. "Sen orzmentos non se fai nada e é preciso adicar recursos económicos para que os recursos humanos poidan actuar", subliñou a edil nacionalista, polo que asegurou que dende o Concello de Vigo e en particular dende a Concellería de Benestar Social se "seguirá apostando por CEDRO e polos colectivos sociais que traballan no ámbito das drogodependencias". Como exemplo, mencionou que nesta lexislatura non só se mantiveron os recursos, senón que se incrementaron notablemente e se impulsaron actuacións destinadas á integración na sociedade das persoas en risco como o programa Sereos, os pisos Vía ou a colaboración con Madro.
Finalmente, María Méndez afirmou que pese a que estes 25 anos non foi un camiño "exento de dificultades", si servíu para coñecer as principais liñas que marcan as nosas actuacións. "Sabemos que só dende un sistema público de servizos sociais é posible dar resposta axeitada e integral ás necesidades individuais e colectivas da comunidade, e por suposto, neste camiño seguiremos investindo os nosos esforzos", subliñou.
Descargar todas as imaxes