Chus Lago visita as obras de mellora de Vigozoo
A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, visitou hoxe as instalacións de Vigozoo para ver as obras de mellora do recinto da Madroa. A concelleira quixo deixar claro que as actuacións en marcha non responden só aos requisitos da Comisión Europea para axustarse a normativa comunitaria senón que a meirande parte das mesmas están incluidas nos plans de inversión do zoolóxico.
Chus Lago, acompañada polos medios de comunicación, percorreu todas as instalacións e lembrou que xa estaban en marcha moitas destas obras e que se aceleraron para poder pasar a inspección dos técnicos da Xunta de Galicia. Polo de agora e segundo afirmou Lago, o Concello non ten coñecemento oficial do informe da Xunta aínda que agarda que a resolución será positiva.
Neste sentido a necesidade de adaptarse á normativa comunitaria afectou a obras menores como o acondicionamento do recinto dos osos, tigres e leóns, o levantamento de barreras para preservar a intimidade dos animais ademáis da construcción da cuarentena. Éste último, tal e como avanzou Chus Lago, estará rematado nun breve prazo de tempo.
A concelleira socialista insistiu en que a maior partes dos requerimentos eran documentais e de protocolo. Así, Lago incidiu nos proxectos que leva adiante a instalación viguesa como o recinto dos lobos, que entrará en funcionamento en dous ou tres meses ou a apertura do Nocturama, do que poderán disfrutar todos os visitantes "en pouco tempo".
"Temos un plan de inversión dende hai tempo e agora o que estamos é facendoo visible e agradable ao público". A concelleira falou doutros proxectos de futuro que consistirán na modernización da parte superior do zoolóxico, na reforma doutros recintos ou da adquisición de novos animais.
Descargar todas as imaxes