Escoitar

Xunta de Goberno Local

Orde do día:

mércores, 17 mar 2010
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 18 DE MARZO DE 2010.



1.- Acta da sesión ordinaria do 8 de marzo de 2010.

ADMON. TRIBUTOS
2.- Padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Expte. 1405/500.

BENESTAR SOCIAL
3.- Protocolo de actuación dos talleres e actividades que se desenvolverán dentro do Programa "Avellentamento Activo". Expte. 50636/301.

CONTRATACIÓN
4.- Plan de ocupación e explotación de servizos nas praias do término municipal de Vigo. Expte. 18871/240.

5.- Prórroga do contrato do servizo de impartición e coordinación dos cursos e actividades de alfabetización de persoas adultas. Expte. 7125/332.

6.- Aboamento de cotas de comunidade do edificio sito na rúa Martínez Garrido 71. Expte. 18867/240.

7.- Indemnización substitutiva a favor de LINORSA por servizos de limpeza de dependencias municipais. Expte. 18855/240.

8.- Indemnización susbtitutiva a favor de Estrella Seguros pola póliza de seguro de vida do persoal do Concello de Vigo. Expte. 18850/240.

ELECTRO-MECÁNICOS
9.- Validación do gasto a favor da UTE IMES-ESYCSA pola prestación do servizo relativo ao mantemento de túneles durante o mes de xaneiro de 2010. Expte. 13345/444.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
10.- Expediente de contratación das obras de instalación de pasos sobreelevados para a mellora da seguridade vial no Concello de Vigo. Expte. 77551/210.

URBANISMO
11.- Toma de coñecemento do pase á vía de constrinximento de multas urbanísticas. Expte. 4292/407.

12.- Rogos e preguntas.



DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 18 de marzo de 2010, ás 14,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 16 de marzo de 2010.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.