Educación duplica o número de prazas para o programa de becas de inmersión el lingua inglesa (PILIVIGO 2010)<br />
250 alumnos de 3º da ESO dos centros educativos da cidade poderán acceder a un programa que ofrece a oportunidade de mergullarse na lingua e cultura británicas e aprender nas escolas locais. Serán tres semanas de estadía en Irlanda ou Reino Unido e nesta convocatoria poderán acceder as prazas os alumnos dos centros privados concertados, logo de adxudicalas preferentemente aos estudantes da rede pública que cumplan os requisitos.<br /> <br />
A Concellería de Educación, dirixida pola socialista Laura López Atrio, ven de duplicar o número de prazas para a participación dos alumnos da cidade no Programa de Inmersión en Lingua Inglesa (PILIVIGO 2010). En total serán 250 prazas, fronte as 125 do pasado ano, para as que ábrese o prazo o vindeiro 22 de marzo. De feito a Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria do 15 de Marzo de 2010, aprobou as "Bases e Convocatoria para a adxudicación de prazas para a participación no Programa de Inmersión en Lingua Inglesa (PILIVIGO 2010).
Logo dos positivos resultados acadados polo Programa no 2009, esta nova edición tentará seguir promovendo a mellora da capacitación en lingua inglesa, dentro do marco do programa educativo municipal "Aulas Internacionais".
Na convocatoria aprobada estipúlase que se adxudicarán 250 prazas en réxime de concorrencia competitiva, entre o alumnado de 3º curso da ESO (Educación Secundaria Obligatoria) de centros docentes sostidos con fondos públicos do Concello de Vigo para o curso 2009/2010. Como novedad, o alumnado dos centros privado concertados do municipio poderán acceder ás prazas que queden dispoñibles, logo de adxudicalas preferentemente entre os estudantes da rede pública.
A concelleira de Educación, Laura López Atrio, asegurou que o incremento de prazas prodúcese "pola óptima avaliación e uns resultados altamente satisfactorios a nivel didáctico- pedagóxico". Por elo López Atrio sinala que esta nova convocatoria chega "na procura de seguir tentando mellorar a competencia en lingua inglesa e na comunicación intercultural no alumnado vigués".
Unha recente avaliación realizada pola Universidade de Compostela sobre rendemento académico establece que en inglés o alumnado de 4º da ESO de centros públicos obteñen case 10 puntos porcentuais menos cos seus compañeiros do ensino privado-concertado.
As becas contemplan estadías de tres semanas en Irlanda ou o Reino Unido en réxime de inmersión lingüística. As viaxes teñen previsto comenzar na primeira quincena de setembro, de xeito que poidan empezar o curso escolar nos centros británicos, e a estadía rematará como moi tarde na primeira semana de outubro.
A participación no Programa de Inmersión en Lingua Inglesa implica a total gratuidade para o alumnado beneficiario do mesmo. De feito as prazas inclúen o importe da matrícula no programa lectivo e o material necesario para completalo, así como os custos de aloxamento en familias anfitrioas en réxime de pensión completa, gastos derivados da organización de actividades extraescolares e lecer e visitas didácticas a centros de interese do país de acollida (que desenvolveranse en inglés e guiadas por monitorado bilingüe), importe das viaxes de ida de volta, transporte urbano ata o centro de ensino de integración asignado, e seguros de viaxe e responsabilidade.
Os adxudicatarios da presente convocatoria serán os alumnos e alumnas, españois ou estranxeiros con tarxeta de residencia ou de estancia por estudos en vigor, que cumpran requisitos como estar en 3º da ESO, que teñan todas as materias aprobadas no curso pasado e ter unha nota mínima de 6 en Lingua inglesa nas calificacións finais de 2º da ESO. É necesario tamén estar empadronado no Concello de Vigo e non ter sido benficiario do PILIVIGO 2009.
Os interesados poden consultar as referidas bases na páxina web do programa PILI (http://www.pilivigo.org), onde disporán da información necesaria para a presentación da solicitude de participación. A documentación para a tramitación de solicitudes deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, ben directamente, ben polos procedementos legalmente establecidos. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 22 de marzo ata o 16 de abril, ambos inclusive.
Máis información no Servizo de Educación, Programa PILIVIGO Rúa Oporto n.º1, baixo, 36201 Vigo
e-mail: pili@vigo.org
Web: http://www.pilivigo.org
Teléfonos.: 986 44 93 62 / 986 44 74 00
Fax: 986 44 93 79
Descargar todas as imaxes