Santi Domínguez di que Vigo faise unha cidade máis igualitaria eliminando barreiras arquitectónicas en edificios públicos
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, salientou este xoves que a eliminación das barreiras arquitectónicas converte a Vigo nunha cidade "máis igualitaria, máis xusta e máis solidaria". Na inauguración das obras do Plan de Accesibilidade, que supuxo a eliminación das barreiras arquitectónicas en 28 equipamentos municipais cun investimento superior aos 2 millóns de euros, o concelleiro anunciou que nos fondos procedentes do Plan FEIL para este ano tamén se destinará unha partida para completar este proceso de promover a mobilidade das persoas con discapacidade.
"Hai moitas obras que se fan nunha cidade, pero hai algunhas que nos enchen de satisfacción e nos ilusionan máis que outras, porque realmente van polo camiño da igualdade de oportunidades, e esta é unha delas", asegurou o tenente de alcalde no acto de inauguración, que tivo lugar no pavillón de As Travesas e no que tamén participaron a concelleira de Benestar Social, María Méndez, e os concelleiros de Deportes, Xabier Alonso; Cultura, Xesus López, e Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez. Asemade, o acto contou coa participación de representantes de diferentes entidades que forman parte do Consello Municipal de Accesibilidade.
Santi Domínguez, na súa intervención, destacou que a concelleira de Benestar Social foi a "verdadeira artífice" de que este proxecto se levara a cabo. "Sempre ten que haber nas administracións unha persoa que impulse estas obras, e neste caso foi María Méndez", sinalou ao respecto. O tenente de alcalde fixo fincapé en que Vigo foi a cidade que destinou un maior investimento do plan FEIL á eliminación de barreiras arquitectónicas.
O nacionalista, por outra banda, expresou o seu compromiso para que dende as áreas coordinadas pola Tenencia de Alcaldía se siga traballando para que esta preocupación pola mobilidade "sexa eixo das políticas transversais das áreas do BNG". Sinalou que consecuencia desta preocupación é a actuación que se desenvolveu nas distintas dependencias municipais ao longo do pasado ano.
O proxecto de eliminación das barreiras arquitectónicas desenvolveuse tanto en instalacións deportivas como os pavillóns de As Travesas, Berbés, Lavadores, Coruxo, Valadares ou Monte da Mina, nos mercados municipais, na Xerencia de Urbanismo, o zoolóxico, o Centro de Emerxencia de Mulleres, Cedro, as Ubas e a Casa das Mulleres, entre outras dependencias. As obras consistiron fundamentalmente na construción de baños e vestiarios adaptados, instalación de ascensores e rampas, adaptación de accesos, adaptación dos servizos de atención ao público, e en xeral diversas actuacións para adaptar tanto os espazos interiores como exteriores.
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, agradeceu aos integrantes do Consello Municipal de Accesibilidade e a CogamiI, "pola súa colaboración na programación das obras", así como aos arquitectos, polo traballo realizado, e aos concelleiros e concelleiras do grupo municipal do BNG, polo seu apoio "para facer unha cidade máis igualitaria", dixo.
"Estas son as políticas transformadoras polas que queremos seguir apostando dende o BNG", destacou. Por outra banda, María Méndez fixo fincapé en que coas actuacións realizadas superouse a actual normativa de accesibilidade, ao adoptar criterios que se están a estudar na normativa europea.
Descargar todas as imaxes