Pleno da Corporación
Orde do día:
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 7
CONVOCATORIA
ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 22 de MARZO de 2010, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.
1.- Actas anteriores. (S. ordinarias 30.11.09 e 28.12.09)
2.- Intervención perante o Pleno da Corporación de D. Rafael Quiñones da Silva no nome do comité de empresa de Alfageme. Doc. 100036561.
3.- Renuncia do concelleiro do Grupo municipal do Partido Popular, Sr. González Sagarra.
4.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.
5.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.
ALCALDÍA
6.- Dar conta de resolucións da Alcaldía:
a) Decreto de data 18.02.10 de delegación das funcións de Alcalde-Presidente en don Santiago Domínguez Olveira.
b) Decreto de data 10.03.10 de nomeamento de secretario da Comisión informativa de Medio Ambiente.
c) Decreto de data 12.03.10 de delegación na concelleira Sra. Abelairas Rodríguez.
XESTIÓN MUNICIPAL
7.- Solicitude de compatibilidade da mestra de debuxo da Escola de Artes e Oficios Dª Rut Martínez López de Castro. Expte. 209/13.
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL
8.- Declaración institucional do concello de Vigo de apoio á proposta do Parlamento Europeo de declarar o 22 de febreiro como Día Internacional da Igualdade Salarial entre homes e mulleres.
MOCIÓNS
9.- Moción do Grupo municipal do BNG instando que a Corporación exprese o seu apoio ó manifesto "Galicia ten dereito". Doc. 100031876.
10.- Moción do Grupo municipal do BNG solicitando o apoio ás accións da plataforma para a defensa da sanidade pública e á mobilización prevista para o día 25 de marzo. Doc. 100034088.
11.- Moción do Grupo municipal Socialista propoñendo se inste á Xunta de Galicia a posta a disposición do Concello dos terreos da ETEA. Doc. 100035005.
12.- Moción do Grupo municipal Socialista propoñendo se inste á Xunta de Galicia a remisión de toda a documentación relacionada co novo hospital de Vigo.
13.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular instando se cree unha normativa que regule o mantemento, conservación e vixilancia dos elementos externos das edificacións. Doc. 90166671.
14.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular instando se remitan diversas peticións relativas a infraestruturas ó Ministerio de Fomento e á Xunta de Galicia. Doc. 90166679.
15.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular instando que o goberno municipal preste maior apoio ó Instituto de Estudos Vigueses. Doc. 90166685.
16.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular instando a cesión de terreos para a construción do novo CEIP Altamar. Doc. 90166688.
17.- Moción do Grupo Municipal do Partido Popular instando a aprobación de medidas en relación cos itinerarios xacobeos ó seu paso polo Concello. Doc. 90166691.
18.- Rogos e preguntas
DECRETO DE CONVOCATORIA:
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE horas do día VINTE E DOUS DE MARZO, para resolver os asuntos da devandita relación.
Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.
Vigo, 17 de Marzo de 2010
O ALCALDE, A SECRETARIA XERAL DO PLENO,
Abel Caballero Álvarez Mª Concepción Campos Acuña.