luns, 22 mar 2010
Nunha dobre moción, en ambos casos coa oposición do PP vigués, o Pleno da Corporación deu hoxe o seu respaldo ás accións da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública e á manifestación que promoven para o próximo 25 de marzo. Ademais, o Concello instou á Xunta de Galicia a remitir toda a documentación relacionada co novo hospital de Vigo que o goberno autonómico proxecta para a cidade.
luns, 22 mar 2010
O Pleno da Corporación de Vigo aprobou por unanimidade unha moción na que os tres grupos políticos apoian o Campus do Mar -o proxecto de excelencia impulsado pola Universidade de Vigo- e instan á Xunta de Galicia a que ceda os terreos necesarios da ETEA para tal fin. O Partido Popular enmedou unha moción proposta polo PSOE ao efecto, que recabou o visto bo dos tres grupos.
luns, 22 mar 2010
Coa oposición do PSOE, o Pleno da Corporación Municipal deu o seu visto bó ao manifesto "Galicia ten Dereito", rubricado fai semanas polos empresarios e os sindicatos galegos, e o PP e o BNG de Galicia. O texto defende o dereito de Galicia a decidir sobre o seu futuro financeiro e as competencias do Parlamento galego para elaborar a súa lei de caixas. O Pleno rexeitou unha enmenda do PSOE de defensa da permanencia de Caixanova en Vigo, mantendo a súa solvencia e a súa galeguidade.
luns, 22 mar 2010
Os tres grupos municipais apoiaron hoxe luns a proposta do Parlamento Europeo de declarar esta xornada para reivindicar a igualdade salarial, mediante unha declaración institucional no Pleno da Corporación. O Pleno aprobou tamén instar á creación dunha normativa que regule o mantemento dos elementos externos das edificacións, demandar da Xunta e da Deputación apoio ao Instituto de Estudos Vigueses, e reclamar ao goberno autonómico a residencia Altamar para o novo colexio.
luns, 22 mar 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, amosaron hoxe a súa satisfacción pola concesión ao Concello de Vigo do Premio Consejo Superior de Deportes, dentro dos denominados Premios Nacionales del Deporte 2009. Santi Domínguez considera que a decisión tomada polo xurado "referenda" a política deportiva de Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes de Vigo neste mandato municipal. "Non se nos dá non por unha cuestión puntual senón por unha traxectoria, o que nos enche de orgullo", dixo o tenente de alcalde en conferencia de prensa.