Escoitar

O Pleno apoia a manifestación pola sanidade pública e reclama á Xunta documentación sobre o novo hospital

Nunha dobre moción, en ambos casos coa oposición do PP vigués, o Pleno da Corporación deu hoxe o seu respaldo ás accións da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública e á manifestación que promoven para o próximo 25 de marzo. Ademais, o Concello instou á Xunta de Galicia a remitir toda a documentación relacionada co novo hospital de Vigo que o goberno autonómico proxecta para a cidade.

luns, 22 mar 2010
1269266689gobierno.JPG
A Corporación viguesa, coa oposición do PP local, ratificou hoxe luns o apoio do Concello ás accións impulsadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e á manifestación que convocaron para o vindeiro xoves, 25 de marzo, ao tempo que reclamou documentación detallada sobre o novo hospital.

O BNG presentou unha primeira moción en defensa das accións da Plataforma e da mobilización do 25 de marzo e o PSOE impulsou unha segunda na que demándase á Xunta de Galicia toda a documentación relativa ao novo hosipital de Vigo. Os grupos que conforman o goberno vigués respaldaron ambas iniciativas, coa oposición do PP.

O edil de Benestar Social, María Méndez, asegurou que "Galicia e Vigo teñen dereito a unha sanidade pública" e apuntou que a privatización sanitaria que impulsa á Xunta de Galicia "aumenta o gasto sanitario pero non mellora a calidade da sanidade". Méndez denunciou a caída da inversión en sanidade, que sitúa aos galegos por debaixo da media estatal.

O voceiro dos socialistas, Carlos López Font, recordou que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, reclamou que a Xunta de Galicia leve adiante un hospital público, con financiamento público, 1.450 camas e áreas de investigación de referencia, como xa sucede en Santiago e A Coruña. Igualmente demandou información detallada á Xunta sobre os seus plans para o novo centro hospitalario vigués.

O Partido Popular, en verbas de Ignacio López-Chaves, asegurou que a Xunta de Galicia será a encargada de licitar un hospital público, despois de catro anos de goberno bipartito no que sólo houbo o proxecto básico, sin fondos consignados nin proxecto constructivo. Denunciou asemade que o alcalde non reclamara á anterior Xunta de Galicia nada relativo ao hospital, como si o fai coa Xunta de Núñez Feijóo.
Descargar todas as imaxes