A Avenida de Castrelos primará o acceso á praza de América e a Florida o tráfico de saída da cidade
Unha vez rematada a humanización das avenidas, o concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño, presentou este xoves a nova ordenación do tráfico no entorno. Desde o luns 29 de marzo, a Avenida de Castrelos priorizará o acceso á cidade, mentres que Florida canalizará as saídas da urbe. A Avenida de Fragoso terá dous carrís de baixada e un de subida, e a Avenida de Balaídos cambiará de sentido, igual que Caleira, García Lorca e Quintela, entre outras. Unha docena de rúas veranse afectadas neste "cambio a mellor" do tráfico na zona.
O concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, presentou este xoves a nova ordenación do tráfico no entorno das avenidas de Castrelos e Florida, no que a primeira canalizará os vehículos de acceso á Praza de América e a segunda, a saída da cidade.
Segundo indicou Calviño, o luns 29 de marzo -día festivo- entrará en funcionamento a nova planificación que afecta a unha docena de rúas. A Avenida de Castrelos terá dous carrís de subida a Travesas e un de baixada para bus, taxi e residentes desde o primeiro cinto á Praza de América. No resto da avenida será dous carrís en cada sentido para todos os vehículos.
Este "cambio para mellor" do tráfico dos vehículos que acceden do primeiro cinto -que poderán desde o luns desviarse nas dúas direccións da Avenida de Castrelos- permitirá "desconxestionar a Gran Vía", salientou Calviño, unha das vías que presenta maior tráfico.
A Avenida da Florida contará con dous carrís de circulación para todos os vehículos en sentido saída da cidade e un único carril dirección Praza de América, tamén aberto a todo tipo de vehículos.
Fragoso
Como consecuencia destas modificacións, a Avenida de Fragoso pasará a ter dous carrís de baixada libre desde Travesas e un de subida. Este será para todos os vehículos desde a rotonda de Balaídos ata a rúa Caleira, e desta á Praza de América será exclusivo para o transporte público. Por tanto, a rúa Caleira cambia o seu sentido posibilitando aos vehículos o tránsito desde Fragoso ata Castrelos e Eugenio Arbones, desde Castrelos a Fragoso. A Avenida de Balaídos tamén cambiará de sentido de circulación.
A Avenida de Fragoso mudará os seus aparcamentos dunha beirarrúa á oposta, onde actualmente está o carril bus, e a parada de taxis será trasladada á Avenida de Castrelos, próximo á Praza de América.
Rúas afectadas
Outras vías que veran alteradas a súa circulación serán García Lorca, que cambia o sentido desde Darío Durán ata a Florida; Salvador Allende, que terá entrada desde Florida á rúa García Lorca; Quintela, dirección da Avenida de Florida ata Miguel Hernández; Ramón Buch, sentido único de Angel Llanos a Castelao; Figueirido, que verá prohibida a entrada desde a rúa Tui e obrígase a saída por Mariña Mansa; e Alexandre Bóveda, con sentido único cara a Florida desde o número cinco.
En García Lorca e Salvador Allende "conseguimos maior número de prazas de aparcamento" con novos estacionamentos en batería, apuntou o edil. Calviño subliñou asemade as novas regulacións semafóricas en catorce cruces para gañar en seguridade vial: seis en Florida, cinco en Castrelos e tres máis en Fragoso.
Dispositivo
A nova sinalización horizontal e vertical das rúas afectadas será instalada na noite do domingo ao luns 29 de marzo, día no que entra en vigor. Para o efecto, o departamento que dirixe Xulio Calviño dispón dun dispositivo de catro guindastres e 56 efectivos: 18 persoas para a sinalización, 10 para semaforización, 20 policías e 8 técnicos municipais.
Descargar todas as imaxes