O goberno de Vigo apoia a celebración do Día da Policía Nacional en Vigo no 2018

luns, 21 ago 2017

Abel Caballero mantivo un encontro este luns con membros da Unión Federal de Policía que lle propuxeron que Vigo acolla en 2018 os actos do Patrón Nacional dos Anxos Custodios, que se celebra cada 2 de outubro. O alcalde cre que é un "bo momento" para que a Policía Nacional celebre o seu "día máis importante" na cidade e compromete o seu apoio á organización dos actos. Adiantou tamén que se poñerá en contacto co Ministro do Interior de cara á conmemoración desta data en Vigo o vindeiro ano.

O alcalde anima aos axentes que competirán nos Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros en Los Ángeles

venres, 4 ago 2017

Caballero recibiu esta mañá a parte do equipo que representará a Vigo nos Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros que se celebrarán en Los Ángeles entre o 7 e o 16 de agosto. Estes axentes locais, aos que o alcalde desexou o mellor dos éxitos, formarán parte da delegación española e competirán na modalidade de fútbol indoor contra outros 23 equipos de todo o mundo.