Caballero agradece á Garda Civil e á Policía Nacional o seu "excepcional" traballo na loita contra o lume
Caballero visitou esta mañá aos axentes da Garda Civil e da Policía Nacional para trasladarlles o aplauso de toda a cidade pola súa implicación "en moitas ocasións máis aló do deber" na loita contra incendios. Fixo esta visita un día despois de agradecer o seu traballo aos policías locais e aos bombeiros, aos que tamén lles rendeu homenaxe no nome de todo Vigo.
O alcalde de Vigo visitou esta mañá ás dependencias da Garda Civil e da Policía Nacional para agradecerlles o seu traballo "excepcional" na loita contra o lume e na ordenación da cidade durante as horas nas que os incendios asolaron a nosa cidade. Caballero trasladoulles o recoñecemento de toda a cidade pola unha implicación que en moitos casos foi máis aló do deber, con axentes que antepuxeron a seguridade das persoas por riba da súa propia.
Cualificou de "reconfortante" saber que Vigo conta co compromiso "inestimable" de ambos corpos de seguridade, unha cooperación que permitiu que Vigo estivera á altura das circunstancias nos peores días que se recordan na cidade. Aseguroulles que a cidade está en débeda con eles e brindoulles o aplauso de todo Vigo.