O Concello adxudica a contratación do persoal que atenderá a aula de estudo de 450 prazas no Mar de Vigo
A Xunta de Goberno Local deu o visto bo á adxudicación da contratación dos servizos auxiliares para a biblioteca que o Concello habilitou no Auditorio Mar de Vigo, con espazo para 450 persoas. O alcalde apuntou que o goberno vigués reserva case 200.000 euros ao efecto.
O alcalde, Abel Caballero, informou este venres da adxucicación en Xunta de Goberno Local da contratación dos servizos auxiliares ao funcionamento da aula de estudo no Auditorio Mar de Vigo, un espazo que ofrece 450 prazas. O contrato presenta un importe de licitación de case 200.000 euros e permitirá dotar de persoal de atención á aula.
Este nova dotación está emprazada xunto á sede viguesa da UNED, que financia integramente o Concello de Vigo. A Universidade a Distancia xa conta en Vigo con 13 titulacións (Dereito, Enxeñería en tecnoloxías da información, Enxeñería informática, Turismo, Educación social, Estudos ingleses, Administración e dirección de empresas, Ciencias ambientais, Psicoloxía, Ciencia política e da administración, Pedagoxía, Xeografía e Historia, e Historia da Arte. O alcalde vigués anunciara hai algunhas semanas que o Concello solicitará á UNED a impartición doutras seis carreiras máis na sede de Vigo.
Asociación San Francisco
En declaracións aos medios, o rexedor vigués trasladou a decisión do goberno que preside de eximir á Asociación San Francisco do pago polo uso dos pavillóns de Coia e Travesas. A Xunta de Goberno Local aprobou o texto do convenio coa entidade, pola que o Concello os apoia liberándoos do pago de case 3.000 euros que corresponderían ao uso de ambas instalacións deportivas municipais para levar adiante o seu programa de actividade física.