venres, 20 out 2017
O alcalde convoca unha reunión dos rexedores e rexedoras da gran área metropolitana de Vigo co obxectivo de "intercambiar opinións" sobre os incendios e "poñer en común", por exemplo, "fórmulas" para solicitar axudas. A cita, que será o luns ás 11 horas na Alcaldía, procura a "colaboración" dos concellos, explicou Caballero, afastada dos "debates políticos": "é o momento dos acordos e da cooperación política".
venres, 20 out 2017
A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación do novo proxecto do Vigo Vertical, unha completa redefinición do parque, entre outros aspectos, cun ascensor entre Torrecedeira e Pi y Margall e unha gran área infantil. O Concello adica ao efecto 2,8 millóns, explicou Caballero.
venres, 20 out 2017
A Xunta de Goberno Local deu o visto bo á adxudicación da contratación dos servizos auxiliares para a biblioteca que o Concello habilitou no Auditorio Mar de Vigo, con espazo para 450 persoas. O alcalde apuntou que o goberno vigués reserva case 200.000 euros ao efecto.
venres, 20 out 2017
O alcalde e o director xeral de Vego Supermercados asinaron o convenio de colaboración da entidade co programa municipal "Camiño a Camiño" no Mercado do Progreso, onde presenciaron os talleres cos que os escolares vigueses aprenden sobre alimentación saudable.
venres, 20 out 2017
"Citroën chegou en 1958 a unha cidade que sabía pescar e facer barcos e agora sabe facer os mellores coches", destacou Caballero na inauguración dun Congreso España-Italia de Historia Económica que se desenvolve hoxe venres e mañá na Facultade de Económicas.